Guitarra eléctrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Mastro: corrixo
m →‎Mastro: Arranxos varios
Liña 40:
Sobre o mango atópase o diapasón, que é onde se apoian os dedos ao tocar e sobre el se colocan as cordas de forma lonxitudinal. Xeralmente se empregan madeiras duras na súa fabricación, coma o [[ébano]] ou o pau rosa, aínda que ás veces o atopamos feito de [[pradairo]] ou incluso de outras madeiras.
 
Sobre o diapasón e en perpendicular ás cordas atópanse os trastes; pequenas barras metálicas de diversas aliaxes que entran en contacto coa corda ao apoiar nela os dedos. A súa función é acortar a parte da corda que entra en vibración para poder afinar as diferentes notas de forma precisa.
 
Outro elemento que aparece habitualmente no diapasón son os marcadores de posición, que son marcas nos trastes impares agás nos trastes 11 e 13 e que marcan tamén o traste 12 (oitava). Serven como referencia visual para o instrumentista. Poden ser uns sinxelos puntos pero tamén existen guitarras con deseños ornamentais. No pasado adoitaban ser de [[nácara]] ou [[marfil]], pero actualmente a maioría son de [[plástico]].