Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 6:
En 1204, os cruzados conquistaron Constantinopla e, logo de vencer na [[Batalla de Pemaneo]] (decembro de 1204), entraron en [[Rexión de Bitinia|Bitinia]]. O emperador [[Constantino Láscaris]] morreu na loita en xaneiro do [[1205]] e o seu irmán [[Teodoro I Láscaris]] foi proclamado emperador de [[Imperio de Nicea|Nicea]]. Pero o patriarca de Constantinopla, Camateo (Kamatheos), que fuxira a [[Tracia]], non quixo ir a Nicea para coroalo. Os [[Bulgaria|búlgaros]] invadiron Tracia en febreiro de 1205 acompañados por continxentes [[cumanos]] e, ao mesmo tempo, Teodoro sufriu unha grave derrota fronte aos cruzados, chamados agora ''latinos'', na [[Batalla de Adrametium]]. Os latinos ocuparon case toda Tracia e Bitinia, que converteron en ducados por conta de Saint Pol ([[Ducado de Demótica]]) e do conde Luís de Blois ([[Ducado de Bitinia]]).
 
Os gregos de Tracia rebeláronse e Demótica e [[Edirne|Adrianópolis]] entregáronse aos búlgaros. [[Plovdiv|Filipópolis]], que era cabeceira dun ducado concedido nominalmente a Rainerio de Trith, foi asediada. Nestas condicións, o gobernador bizantino de [[Nicópolis]], [[Miguel I Anxo Comneno]], proclamouse déspota e estendeu os seus dominios establecendo a capital en [[Arta]]. A derrota dos latinos capitaneados polo emperador [[Balduíno I de Constantinopla|Balduíno IX]], conde de Flandres en Adrianópolis ([[14 de abril]] de [[1205]]) supuxo un respiro para Miguel. Luís de Blois morreu, Balduíno foi feito prisioneiro e Godofredo de Villehardouin e o duque [[Venecia|venecianovenecia]]no Enrique Dandolo (de 97 anos) conseguiron retirarse a Constantinopla salvando unha parte dos exércitos. Pero Filipópolis foi ocupada polos búlgaros e tiveron que fuxir a Bitinia (maio de 1205) que así puido ser ocupada por Teodoro Lascaris deixando aos latinos Constantinopla e arredores, [[Rodosto]] e [[Selimbria]].
 
A rexencia latina pasou a Henrique, conde de Hainaut, irmán de Balduíno, que foi confirmado no mes de xuño. O [[despotado de Sinope|déspota de Sinope]], David Comneno, aliouse con Henrique contra Teodoro Lascaris pero foi derrotado en [[Nicomedia]]. O peso da loita pasou entón á parte occidental onde Bonifacio de Montferrato, rei de [[Tesalónica]], tivo que loitar contra o [[despotado de Grecia|déspota de Grecia]] León Sguros ao que gañou nas [[Termópilas]] asegurándose o dominio de [[Tesalia]]. Outros señores latinos avantsaron máis ao sur: Guillerme de Champlitte e Godofredo de Villehardouin entraron en [[Beocia]] e ocuparon [[Tebas, Grecia|Tebas]] sen loita; despois seguiron ata [[Atenas]] e a illa de [[Eubea]] (tamén chamada Negroponte).
Liña 12:
O [[Peloponeso]] someteuse ao déspota Miguel de Epiro e Tebas e Atenas constituíronse en baronía dependente do rei de [[Tesalónica]] concedida a Odón I de la Roche; a illa de Negroponte ([[Eubea]] -ou [[Évvoia]]-) foi doada a Xaime de Avesnes. Godofredo de Villehardouin e Guillerme de Champlitte invadiron o Peloponeso e ocuparon [[Elide]] e [[Arcadia]], desfacendo as tropas enviadas polo déspota Miguel na [[Batalla de Kondura]]. Guillerme foi proclamado príncipe de [[Acaia, Grecia|Acaia]], con poder feudal sobre Atenas e Tebas aínda que feudatario do rei de Tesalónica. Godofredo foi proclamado príncipe de Koron e [[Kalamata]].
 
O ano [[1206]] foi de calma, con Miguel intentado refacer as súas tropas. Na primavera de [[1207]] atacou aos latinos pero foi derrotado na [[Batalla de Lakos]]. Esta derrota e os feitos que se desenvolveron na rexión (o fortalecemento do Emperador que asegurou a submisión do reino de Tesalónica, que non respectaba a soberanía imperial) fixeron que en [[1209]], no Parlamento de Ravenica, Miguel I se recoñecese como vasalo do [[Imperio latino]]: unha filla de Miguel casou con Eustaquio, irmán do emperador, selando así a alianza.
 
En [[1210]] a debilidade de Miguel obrigouno a asinar un tratado con [[Venecia]] (xuño) polo que recoñecía a soberanía feudal da República. Para contrarrestar, intentou expandirse por [[Tesalia]] no mes de decembro, pero o exército imperial impediullo. En [[1211]] tivo que enviar un continxente para loitar á beira do emperador contra o príncipe búlgaro de Prosec.
Liña 21:
En [[1216]], Teodoro asegurouse a fronteira norte cun tratado co duque de [[Rascia]] ( no centro-norte de [[Serbia]]); cos latinos asinou unha tregua. Atacou aos búlgaros e tomou as cidades de [[Prilep]] e [[Ocrida]].
 
En [[1217]] o emperador latino [[Pedro I de Courtenai]] atacou Durazzo pero foi rexeitado ao caer nunha trampa na costa [[Albania|albanesa]], caendo prisioneiro. En [[1218]] Teodoro iniciou unha campaña de catro anos contra o reino de Tesalónica que se desenvolveu basicamente en Tesalia e que trouxo a ocupación de gran parte do reino, desde Platamonia ao sur ata Serres e Drama ao noroeste. [[Salónica]] foi asediada e [[Guido de Pallavicini]] asumiu a dirección da cidade como rexente o xove Demetrio que marchou a solicitar axuda ao [[Papa]] e aos señores [[Italia|italianositalia]]nos. O emperador mandou algunhas tropas ao ano seguinte ([[1223]]) pero o ataque de Xoán III de Nicea obrigou a retirar este exército. Teodoro ocupou Adrianópolis e parte de Tracia.
 
En [[1224]] chegou a Salónica Guillerme IV de Montferrato para defender a coroa do seu irmán Demetrio, pero as súas tropas foron dezmadas por unha epidemia de [[peste]] na que morreu o propio Guillerme. A finais dese ano a cidade capitulou. Teodoro entrou en Salónica e proclamouse emperador (deixando así o título de déspota) mentres os seus soldados se achegaban a Constantinopla. As operacións non seguiron e Teodoro dedicouse a consolidar o seu poder. En [[1227]] o novo rei de Serbia, [[Radoslav de Serbia]], que acababa de suceder no trono ao seu pai [[Estevo I de Serbia]], declarouse vasalo de Epiro. En [[1230]] a [[República de Ragusa]] recoñeceu a soberanía de Teodoro.
Liña 33:
Nicea encaixou moi mal este acordo. En [[1241]] enviou tropas a Salónica e, nas loitas, foi feito prisioneiro Teodoro o Cego. A costa de Tesalia e [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]] foi ocupada polos soldados de Nicea mentres que o interior estaba ocupado por Miguel II de Epiro. Os venecianos aproveitaron para apoderarse de [[Volos]] e [[Almiro]], cidades costeiras. As operacións non continuaron pero o [[reino de Tesalónica]] era cada vez menor mentres que o despotado de Epiro volvía rexurdir. En [[1247]], Miguel II ocupou Albania ata Durazzo e a costa de Macedonia que estaban en poder dos búlgaros desde 1230.
 
En [[1248]] Nicea buscou a alianza con Miguel. Xoán Ducas Vatatzés propúxolle o enlace de Nicéforo (fillo de Miguel) coa súa neta, proposta que obtivo o apoio de Teodora Petralifina, esposa de Miguel. O enlace concertouse en [[1249]] (aínda que non se celebrou ata [[1256]]). Teodoro o Cego, que fora liberado e agora era señor de Vodena, opúxose a esta alianza e conseguiu convencer a Miguel de cambiar as súas alianzas e ocupar os territorios dominados de Nicea e Tesalia. Miguel II invadiu estes territorios e ocupou a costa de [[Macedonia (rexión histórica)|Macedonia]] en [[1251]].
 
En [[1252]], Nicea pasou á ofensiva e recuperou as súas posesións, coa fortaleza de [[Castoria]], e chegaron ata Albania. Miguel II pediu a paz e asinou o [[Tratado de Larissa]] polo que renunciaba a favor de Nicea os territorios gregos occidentais que tomara a Bulgaria, e Prilep e [[Croia]] a Albania; a cambio recoñecíaselle o título de [[déspota de Epiro]], pero como vasalo do Emperador de Nicea.
Liña 39:
Teodoro o Cego foi feito prisioneiro de novo en Nicea, onde morreu. Logo dunha campaña de Nicea contra os búlgaros ([[1255]]-[[1256]]) Miguel II, prisioneiro, enviou finalmente ao seu fillo Nicéforo a casar con María, filla de [[Teodoro II Láscaris]] de Nicea, cumprindo o acordo de 1249. A voda celebrouse en Salónica e Teodoro II esixiu como dote os territorios serbios de Miguel II e a cidade de Durazzo. Miguel non puido negarse ao ter ao seu fillo en mans do emperador. Tralo enlace, Miguel invadiu Macedonia e iniciou unha guerra de tres anos ([[1257]]-[[1259]]) na que Miguel obtivo o apoio de Manfredo, rexente de [[Sicilia]] e de Guillerme de [[Morea]] e Oreos que en [[1258]] casou con Ana Comneno Ducas, filla de Miguel II, aportando como dote o territorio do sur de Tesalia; ao ano seguinte ([[1259]]), outra filla de Miguel, Helena Anxo, casou con Manfredo de Sicilia e achegou como dote Albania e [[Kérkyra]].
[[Ficheiro:Epir1252-1315.png|miniatura|O despotado de Epiro do 1252 ao 1315.]]
En [[1259]] librouse a batalla definitiva: as forzas de Miguel II e os seus aliados enfrontáronse a un exército de Nicea enviado por Miguel VII baixo o mando do seu irmán [[Xoán Paleólogo]]; inicialmente, os serbios ocuparon Skopia ([[Skopje]]) e [[Kosovo]] pero en [[Pelagonia]] os exércitos de Epiro foron derrotados. O rei serbio [[Estevo III Urosh]] retirouse e buscou aliados para facer fronte ao perigo (tratou con [[Hungría]] polo que o seu fillo [[Dragutí]] casou coa neta do rei húngaro).
 
Pasaron uns anos de tranquilidade, e en [[1263]] houbo unha guerra curta co emperador por territorios fronteirizos ao norte de [[Grecia]]. En [[1266]] morreu Manfredo de Sicilia e Miguel II aproveitou para recuperar as posesións albanesas que lle entregou en [[1259]], aínda que non podo recuperar Corfú que xa recoñecera a [[Carlos de Anjou]]. En [[1268]], Carlos entrou en Durazzo. Miguel II morreu en [[1271]] e repartiu os seus dominios: ao seu fillo maior Nicéforo Andrónico deixoulle Epiro e Albania; ao segundo, Xoán, a parte sur de Tesalia. En [[1272]], Nicéforo Andrónico renunciou á maior parte de Albania en favor de Carlos de Anjou, rei de Sicilia, para evitar a guerra e retornoulle os territorios ocupados polo seu pai.
Liña 51:
Tomé morreu asasinado sen sucesión masculina. Ana Anxo herdou o despotado e, ao estar casada con Giovani de Orsini de Cefalonia, iniciouse a "dinastía Orsini". O fillo de Xoán, Nicolás, casou coa viúva de Tomé.
[[Ficheiro:Epir1315-1358.png|miniatura|O despotado de Epiro do 1315 ao 1358.]]
En xullo de [[1315]], [[Fernando de Mallorca]] desembarcou en Acaia e ocupou algunhas cidades co apoio dalgúns baróns. Aproveitando a confusión, Xoán Orsini tamén invadiu a rexión; algúns dos baróns xuráronlle lealdade. [[Luís de Borgoña]] desembarcou en Acaia e derrotou a [[Fernando de Mallorca]] en Manolada ([[5 de xullo]] de [[1316]]). Os baróns pasáronse ao seu bando pero Luís morreu asasinado no mes de setembro.
 
Xoán I Orsini morreu en [[1317]] e foi sucedido polo seu fillo Nicolás. A esposa de Nicolás, [[Ana Paleólogo]], envelenouno en [[1323]], coa esperanza de someter Epiro e Cefalonia ao [[Imperio Bizantino]], gobernado polo seu pai [[Andrónico II Paleólogo|Andrónico II]]. Pero o príncipe de Acaia, Xoán de Gravina, ocupou Cefalonia e declarouna feudo de Acaia, instalando no trono como vasalo a Nicéforo I, fillo de Ana e Nicolás; na zona continental, Xoán II Orsini, irmán de Nicolás, foi recoñecido polos señores. Xoán II seguiu a mesma sorte que Nicolás e morreu tamén asasinado pola súa esposa grega.