Diferenzas entre revisións de «Preposición»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
== Clasificación das preposicións ==
* En primeiro lugar, podemos distinguir as '''preposicións simples''' das '''locucións preposicionais''', secuencias que, coma as preposicións, son invariables en canto á forma e en nada distintas en canto á función respecto ás preposicións simples. Existen por outra parte as chamadas '''preposicións compostas''', formadas por dúas preposicións unidas: ''por entre'', ''por sobre'', ''de entre'', ''dende entre'', ''para con'' etc...
* Ás '''preposicións fortes''' opóñense as '''preposicións febles''', segundo o grao de claridade en que mostren a súa significación. As máis usuais e de carácter máis inequivocamente preposicional ("a", "de", "en") son as máis febles. Outras como "contra", menos empregadas e sen os múltiplos valores das anteriores, ofrecen unha significación máis clara e definida.
 
* Algúns lingüistas (Pottier) que viron relación entre a preposición e o [[prefixo]] consideraron este como unha variante combinatoria da preposición. Establécese entón unha división por parte da Gramática tradicional entre '''preposicións propias''' e '''preposicións inseparables'''.
 
* Podemos distinguir as '''preposicións esenciais''' (a, ante, ata, con, contra, de, en, entre, por, para, sen, sobre, tras) das '''preposicións accidentais''', aquelas que, pertencendo normalmente a outras clases de palabras, funcionan ás veces como preposicións (baixo, cara, fóra, onde,...).
 
{{Clases de palabras}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Clase de palabra]]
393.002

edicións