National Broadcasting Company: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 3:
[[Ficheiro:NBC_Tower,_Chicago.jpg|miniatura|O logotipo ds NBC, de [[1986]], na sede de Nova York.]]
 
A '''NBC''' (pronúnciese /'εn.'bi.'si/) é unha empresa norteamericana de televisión e medios de comunicación. É propietaria de cadeas de televisión, produce programas de [[televisión]], e foi propietaria e operou emisoras de [[radiodifusión]] nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], posúe varias cadeas de [[televisión por cable]] e por [[satélite]] e investimentos en activades [[multimedia]], [[Internet]] e [[televisión por cable]]. NBC é unha división da empresa [[NBC Universal]], que á súa vez é propiedade da [[General Electric Company]] e de Vivendi.
 
== Historia da NBC Televisión ==
A NBC foi creada o [[9 de setembro]] de [[1926]] pola Radio Corporation of America (RCA) e comezou as súas emisións o [[15 de novembro]] de [[1926]]. A NBC operaba nas estacións de radio de [[Radio Corporation of America|RCA]], [[General Electric Company]] (GE), [[Westinghouse Electric|Westinghouse Electric and Manufacturing Company]] e [[AT&T|American Telephone and Telegraph]] (AT&T).
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1927]] a NBC realizou a súa primeira emisión da costa do Atlántico á costa do Pacífico. Así mesmo, comezaron as emisións da segunda rede de NBC, o Blue Network (literalmente, "rede azul"), mentres que a rede inaugurada en [[1926]] pasou a chamarse "Red Network" ("rede vermella"). A Red Network emitía os programas populares mentres que a Blue Network emitía unha programación máis cultural. Ademais, durante un curto período de tempo existiu o Orange Network ("rede laranxa"), que ao principio da década de 1930 pasou a chamarse "Pacific Network" ("rede do Pacífico"), e que combinaba as programacións de Red e Blue Networks para os oíntes da costa oeste dos Estados Unidos. Mentres tanto, a rede internacional de onda curta chamábase "White Network" ("rede branca").
 
No ano [[1933]] a NBC pasou a ocupar o seu emprazamento actual no edificio chamado RCA Building (actualmente, GE Building) no número 30 do Rockefeller Praza. E o [[30 de abril]] de [[1939]] comezaron as primeiras emisións regulares de televisión de NBC, obtendo en [[1941]] a primeira licenza de televisión a estación de televisión WNBT (agora WNBC-TV). WNBT comezou as súas emisións o [[1 de xullo]] de [[1941]]. En [[1941]], a Federal Communications Commission (a Comisión Federal de Comunicacións) decretou que ningunha compañía podía operar máis dunha rede de radio, e a NBC foi obrigada a desfacerse dunha das súas redes. Finalmente, en [[1943]], a NBC vendeu o Blue Network ao millonario [[Edward John Noble]], sendo renomeado en [[1945]] "[[American Broadcasting Company]]" (ABC). O [[17 de setembro]] de [[1946]] volveu a comezar o servizo de televisión de NBC. O [[14 de xaneiro]] de [[1952]], comezou a televisión matinal co programa ''Today'', un programa de novas presentado na mañá. En [[1953]], a NBC emitiu o primeiro programa de televisión en cor en sistema NTSC, desenvolvido por RCA, e pasou a emitir totalmente en cor en [[1965]]. Posteriormente, en [[1984]], a NBC comezou a emitir en estéreo e, en [[setembro]] de [[1988]] finalizou a venda da súa cadea de radio e as súas emisoras de radio a [[Westwood One]] abandonando o mundo da radio e concentrándose exclusivamente en televisión (posteriormente, NBC Radio foi fusionada con Mutual sendo ambas pechadas a principios de 1998 e ese mesmo ano Westwood One comprou [[CBS]] Radio).
 
A década dos 90 significou a expansión de NBC no mercado de cable e nos mercados internacionais. O [[17 de abril]] de [[1989]] lanzou a cadea por cable [[CNBC|Consumer News and Business Channel]] (CNBC). Posteriormente, o [[21 de maio]] de [[1991]], fusionou CNBC co Financial News Network (FNN), cambiando o nome a, simplemente, CNBC. En [[1993]] comprou a cadea europea SuperChannel (renomeada NBC SuperChannel e actualmente [[NBC Europe]]) e, en [[xullo]] de [[1996]], xunto a [[Microsoft]], creou a cadea de información continua [[MSNBC]]. Tamén en [[1996]], NBC creou CNBC Europe, NBC Asia e CNBC Asia, e, en [[1998]], firmou unha alianza con Dow Jones & Co. para combinar as súas cadeas financeiras en [[Europa]] e [[Asia]]. No [[2002]], NBC adquiriu a cadea hispana [[Telemundo]] e a cadea de televisión por cable Bravo.