Diferenzas entre revisións de «Åland»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Xeografía ==
As illas Åland ocupan unha situación estratéxica de grande importancia, ao dominar unha das entradas do porto de [[Estocolmo]], ademais de estar situadas na entrada do [[Golfo de Botnia]], e cerca do [[Golfo de Finlandia]].
 
O arquipélago de Åland consta dunhas 300 illas habitables, das cales unhas 80 están habitadas; o resto son simplemente unhas 6.000 illotes de rocas espidas. O arquipélago está sen solución de continuidade xunto co arquipélago de Turku no Leste, (finés: Turunmaan saaristo, sueco: Åbolands skärgård), o arquipélago adxacente á costa suroeste de Finlandia.
 
A superficie das illas xeralmente é rochosa, a cuberta de chan delgada, o clima extremo. Hai varios portos excelentes, o máis notable en Ytternäs.
 
As illas posúen unha extensión de terras emerxidas, área total de 1.512 km². O noventa por cento da poboación vive en Fasta Åland (a illa maior e principal), que tamén é o emprazamento da capital Mariehamn. Fasta Åland, con 50 km de norte a sur e 45 deste a oeste, posúe máis do 70% da área total da rexión.
 
== Economía ==
A economía das Åland está fortemente influída polo comercio marítimo e polo turismo. O comercio marítimo representa o 40% da economía, con varias compañías cuxos propietarios son de fóra das illas. A maior parte das compañías das illas son pequenas cun máximo de 10 empregados. A agricultura e a pesca son de relevancia combinadas coa industria alimentaria. Unhas poucas compañías contribúen ao bo desenvolvemento da economía.
 
Os portos máis importantes son Mariehamn (sur), Berghamn (oeste) e Långnäs na beira oriental da illa principal.
 
A abolición das vendas libres de impostos nos ferry que navegan entre destinos da Unión Europea e Finlandia require unha excepción para as illas Åland con respecto ao IVE aplicado. A excepción permite vendas libres de impostos nos ferrys entre Suecia e Finlandia (permitida na súa parada en Mariehamn), pero fixo de Åland, tamén unha zona diferenciada de impostos, significando que as tarifas non se aplican nas mercancías que se traen ás illas.
 
O desemprego ten unha porcentaxe menor que nas rexións veciñas, 1,8% en 2004.
 
== Demografía ==
A maioría dos habitantes falan sueco (a única lingua oficial) como lingua materna: 93,5% en 2001, aínda que hai tamén falantes de finés. No resto de Finlandia, ambos os idiomas finés e sueco son idiomas oficiais. A inmensa maioría da poboación, 94,8%, pertencen á igrexa evanxélica luterana de Finlandia.
 
O asunto da etnia á que pertencen os habitantes das Åland, e a correcta clasificación lingüística do seu idioma, permanece aínda no terreo da controversia. Pódense considerar etnicamente como suecos, ou sueco-finlandeses, con todo a súa lingua está máis próxima aos dialectos de Suecia que aos dialectos da Finlandia sueca.
393.002

edicións