Diferenzas entre revisións de «Charles Baudelaire»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
=== Infancia ===
Baudelaire naceu en [[París]] o [[9 de abril]] de [[1821]]. O seu pai, Joseph François Baudelaire, ex-[[sacerdote]], antigo preceptor, foi tamén profesor de debuxo, [[pintor]] e funcionario xefe do Despacho do [[Senado de Francia]] (cámara alta do parlamento de Francia). Joseph ensinoulle as primeiras letras. Cando naceu Charles, o seu pai tiña a idade de sesenta anos, e xa tiña outro fillo, Claude Alphonse, froito do seu primeiro matrimonio. A súa nai foi Caroline Archimbaut-Dufays, quen non chegaba aos trinta anos ao nacer Baudelaire. Era filla de emigrantes [[Francia|franceses]] que emigraran a [[Londres]] durante a revolución de [[1793]]. Foi ela a que lle ensinou [[Lingua inglesa|Inglés]] de cativo.
 
Foi criado pola serventa da familia chamada, Mariette, coñécese moi pouco sobre ela pero intúese que debeu ter un gran peso na familia. Baudelaire lémbraa nun poema da súa obra ''[[As flores do mal]]''.
 
Joseph François Baudelaire faleceu en [[1827]], cando Charles tiña seis anos. Deixou unha pequena herdanza. A súa nai mudou de residencia e, aos vinte meses, Caroline casou por conveniencia con [[Jacques Aupick]], un veciño seu de corenta anos que chegaría a ser xeneral comandante da praza forte de [[París]]. É probable que fosen amantes antes de contraeren matrimonio. Baudelaire con iso recibiu un grande impacto emocional, vivíndoo como un abandono. Nunca chegou a ter boas relacións con Aupick.
 
Tralas xornadas revolucionarias de [[1830]], Aupick foi ascendido a tenente coronel pola súa participación na campaña de [[Alxeria]]. Dous anos máis tarde foi nomeado xefe do Estado Maior e trasládase coa súa familia a [[Lión]]; alí permaneceron catro anos, estudando Baudelaire no ''[[Collège Royal de Lyon]]'', de cuxo ambiente non gardara bos recordos. Alí o futuro poeta aburríase e tentaba escapar do seu peche.
 
A súa nai, impregnándose da personalidade de Aupick, fórase volvendo cada vez máis ríxida e puritana. No [[1836]] o seu marido ascendeu a xeneral do Estado Maior. Daquela voltan a París, onde Baudelaire é internado no ''[[Collège Louis-lle-Grand]]''; onde ía permanecer durante dous anos e medio. Nesa época le a [[Charles Augustin Sainte-Beuve|Sainte-Beuve]], a Chenier e [[Alfred de Musset|Musset]], a quen máis tarde vai criticar. Alí consegue o título de [[bacharelato]] superior mais, por unha falta aínda descoñecida, foi expulsado.
 
=== Un dandi díscolo ===
De volta à [[París]], apaixónase por Jeanne Duval, moza mulata, coa cal coñecerá os encantos e as amarguras da paixón. Dandi endebedado, pasa baixo tutela xudicial, e coñece, dende 1842, unha vida disoluta. Empeza entón a compoñer varios poemas das ''[[As flores do mal|Flores do mal]]''. Crítico de Arte e xornalista, defende en [[Delacroix]] o representa do romanticismo en pintura, e tamén [[Balzac]] cando o autor da ''[[La Comédie humaine|Comedia humana]]'' é atacado dunha maneira ben fata e caricaturizado pola súa paixón das cifras ou pola súa presuposta perversidade.
 
En 1848, toma parte nas barricadas.
Baudelaire foi poeta, crítico de arte e tradutor.
 
Baudelaire proclama querer liberar a [[estética]] de toda consideración [[moral]] ou [[ética]] e nisto procede unha transformación radical coa estética dominante e renova en profundidade os motivos poéticos. Nos seus poemas intentou tecer e demostrar os lazos entre o [[Mal (filosofía)|mal]] e a [[beleza]], a [[felicidade]] e o [[Idealismo|ideal]] inaccesible, a violencia e a voluptuosidade , entre o poeta e o lector, entre os artistas das diferentes [[Ano (astronomía)|épocas]]. En paralelo escribiu poemas graves ou escandalosos nesa época , expresou a melancolía e o desexo de ir alén . Extirpou a beleza do horror.
 
Rexeita o [[realismo]] e o [[positivismo]] dos cales é contemporáneo, Baudelaire sublima a sensibilidade e intenta acadar a verdade esencial, a verdade humana do universo.
* [[Ficheiro:Loudspeaker rtl.svg|15px]] [http://www.rtve.es/alacarta/audios/vidas-contadas/vidas-contadas-amantes-baudelaire-27-08-08/269380/#aHR0cDovL3d3dy5ydHZlLmVzL2FsYWNhcnRhL2ludGVybm8vY29udGVudHRhYmxlLnNodG1sP3BicT0zNCZtb2RsPVRPQyZsb2NhbGU9ZXMmcGFnZVNpemU9MTUmY3R4PTIxMDImYWR2U2VhcmNoT3Blbj1mYWxzZQ== ''Vidas Contadas''] en [[RNE]] {{es}}.
 
{{ORDENAR:Baudelaire,Charles}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Baudelaire,Charles}}
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
393.002

edicións