Diferenzas entre revisións de «Óptica»

m
Arranxos varios
Sem resumo de edição
m (Arranxos varios)
O campo da '''óptica''' abrangue usualmente a descrición do comportamento da luz [[visible]], [[infravermella]] e [[ultravioleta]]; porén, como a [[luz]] é unha [[onda electromagnética]], fenómenos análogos suceden nos [[raios X]], [[microonda]]s, [[radiofrecuencia|radioondas]] e outras formas de [[radiación electromagnética]]. A óptica pode contemplarse como un subcampo do [[electromagnetismo]]. Algún fenómeno óptico depende da natureza cuántica da luz e algunhas áreas da óptica están tamén relacionadas coa [[mecánica cuántica]].
 
A óptica é moitas veces considerada moi separada doutras partes da física. Ten a súa propia identidade. Os aspectos puramente científicos son con frecuencia chamados Ciencia Óptica ou Óptica Física.
 
A óptica aplicada é a miúdo chamada Enxeñaría Óptica. Incluso aplicacións desta enxeñaría como as relacionadas cos sistemas de iluminación son chamadas enxeñaría lumínica, e o mesmo ocorre coa visión artificial e moitos outros campos. Cada unha destas disciplinas tende a ser abondo diferente nas súas aplicacións, condicións técnicas, focalización e afiliación profesional.
== Óptica clásica ==
 
A óptica ''clásica'' comprende por unha banda a óptica xeométrica, ás veces chamada ''óptica de raios'' que é a rama da óptica que describe a [[propagación]] da luz en termos de raios; e por outra banda a ''óptica ondulatoria'' que considera a luz como unha onda a se propagar.
 
* Na óptica xeométrica, os raios son desviados na [[interfase]] (ou fronteira) entre dous medios homoxéneos diferentes; poden ser curvados nun medio heteroxéneo no que o [[índice de refracción]] é función da posición. A luz segue traxectorias entre dous puntos dados que minimizan o tempo empregado, en cumprimento do [[principio de Fermat]], así a característica do medio que afecta á propagación é a velocidade da luz no mesmo (é dicir, o [[índice de refracción]]). Coa óptica xeométrica pódense abordar problemas habituais de instrumentación óptica relacionados coa obtención da imaxe.
* Na óptica ondulatoria, a luz componse de ondas esféricas procedentes de fontes puntuais que en conxunto conforman unha fronte de ondas. A grandes distancias da fonte esta fronte pódese considerar plana. Esta aproximación á propagación da luz permite explicar fenómenos ópticos como a [[difracción]], a [[interferencia]], a [[cor]] etc.
A conexión entre ambas perspectivas atópase no feito de que o ''[[Raio (xeometría)|raio]]'' da óptica xeométrica é perpendicular á [[fronte de onda]] considerada na [[Óptica física]] ou [[Óptica Ondulatoria]].
 
== Óptica moderna ==
393.002

edicións