Abrir o menú principal

Cambios

m
* [[Francia]]. A [[Revolución francesa|Revolución]] de [[1789]] e as [[guerras napoleónicas]] atrasaron a súa industrialización, que só acadou certa relevancia a partir de [[1830]]. O sector que máis se desenvolveu foi o téxtil, apoiado nun amplo mercado nacional e en políticas proteccionistas. Despois seguiron o ferroviario e a industria metalúrxica, que experimentaron unha grande expansión a partir de [[1850]].
* Estados alemáns. Até [[1870]] [[Alemaña]] estivo constituída por numerosos estados independientes, pero a dispoñibilidade de recursos mineiros e a creación no ano [[1834]] do ''zollverein'' ou [[unión aduaneira]], posibilitaron a aparición dalgunhas industrias e a expansión ferroviaria. A industrialización, non obstante, acelerouse decididamente a partir da unificación nacional.
* Outros estados europeos. No resto de Europa, a economía continuou sendo agraria agás nalgúns focos industriais coma o [[norte de Italia]], [[Cataluña]] e o [[País Vasco (rexión histórica)|País Vasco]] ou [[Moravio]] no [[Imperio Austrohúngaro|Imperio austrohúngaro]].
* [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a primeira metade do [[século XIX]], os Estados Unidos atopábanse en plena expansión cara ao oeste. A industria limitouse inicialmente á costa atlántica, xa que nas rexións do oestee do sur estaban orientadas cara á explotación agropecuaria e [[Algodón|algodoeira]]. Só despois da [[Guerra civil estadounidense|guerra de secesión]] se foi configurando unha potente industria impulsada pola crecente inmigración, a existencia de recursos mineiros e o desenvolvemento ferroviario; por isto, os Estados Unidos convertéronse nunha gran potencia a finais do século.
 
101.437

edicións