Diferenzas entre revisións de «Mao Tse Tung»

m
(*moviliz- > mobiliz-. / *promovió > promoveu.)
m (→‎Teoría política: arranxiño)
Durante a década de 1950, Mao comezou a consolidar a súa visión particular da ideoloxía comunista, que en moitos aspectos afastábase do discurso dos fundadores do comunismo chinés. As ideas de Mao consolidaríanse como ideoloxía propia do Partido Comunista da China durante a época da ocupación xaponesa, entre 1938 e 1945. Á versión do comunismo inspirada por Mao denomínaselle, fóra da China, «[[maoísmo]]»; no uso do propio Partido Comunista da China, prefírese a designación «Pensamento de Mao Zedong». As ideas de Mao han ter unha gran influencia no desenvolvemento doutros movementos comunistas, particularmente en Asia, África e América Latina.<ref>Garner, William R. "The Sino-Soviet Ideological Struggle in Latin America", publicado en ''Journal of Inter-American Studies, Vol. 10, No. 2'' (abril de 1968), pp. 244-255. Despoñible no [http://links.jstor.org/sici?sici=0885-3118(196804)10%3A2%3C244%3ATSISIL%3E2.0.CO%3B2-G arquivo de JSTOR].</ref>
 
Unha das súas principais ideas era a visión dos campesiños como o motor da [[revolución]]. Tradicionalmente, as ideas [[Leninismo|marxistas-leninistas]] viranxiran aosao rededor dos obreiros industriais como a forza que conduciría á revolución. Mao deuse conta de que este non era o caso da China, e que a revolución debíase desenvolver desde o campesiñado. Naquel entón, a China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, os cales acabarían apoiando as ideas de Mao.
 
Segundo a súa teoría, o marxismo-leninismo debía aplicarse aos casos concretos e situacións específicas. Mao partía da idea de que os campesiños debían formar a base da revolución comunista, o que só era posible se os dirixentes políticos absorbían a mensaxe da revolución e o facían comprensible á poboación campesiña. Isto significaba que os dirixentes políticos debían ser conscientes das realidades locais e tratar de integrar as aspiracións dos campesiños coa política do partido. Mao tamén se baseou nas teorías de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]] e [[Karl Marx|Marx]] para desenvolver o [[materialismo dialéctico]], aplicando a teoría da dialéctica aos conflitos reais do mundo, afirmando que só a realidade do conflito era o que tiña importancia. Mao desenvolveu unha teoría da dialéctica que seria analizada por décadas.
104.262

edicións