Imperio Austrohúngaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Alfonso Márquez moveu a páxina "Imperio Austrohúngaro" a "Imperio austrohúngaro" sobre unha redirección: Porque é en minúscula
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 84:
[[Ficheiro:Wappen_Kaisertum_Österreich_1867_(Mittel).png|150px|dereita|miniatura|Escudo do Imperio en 1867]]
 
O Imperio austrohúngaro ten a súa orixe en [[1867]] co [[Compromiso austrohúngaro]]. En [[1879]] tivo lugar a alianza de Austria-Hungría co [[Imperio Alemánalemán]], e en [[1882]] [[Italia]] uniuse á [[Tripla Alianza (1882)|Tripla Alianza]].
 
En [[1892]] entrou en circulación a [[coroa de ouro]]. En [[1907]] entra en vigor o [[sufraxio masculino]] para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En [[1908]] levouse a cabo a anexión de [[Bosnia e Herzegovina]]. En [[1912]] [[Serbia]] e [[Bulgaria]] formaron unha alianza contra o Imperio austrohúngaro.
 
O [[28 de xuño]] de [[1914]] o arquiduque [[Francisco Fernando de Austria|Francisco Fernando]] e a súa esposa [[Sofía Chotek]] foron asasinados en [[Saraxevo]] por un terrorista serbobosnio. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea, dando inicio á [[primeira guerra mundial]]. En [[1915]] o Imperio austrohúngaro declarouse disposto a ceder a rexión de [[Trieste]]. Asínase o [[Tratado de Londres (1915)|Tratado de Londres]], segredo entre [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Rusia]] e [[Italia]]: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.
 
O [[21 de novembro]] de [[1916]], en plena guerra, finou o emperador [[Francisco Xosé I de Austria|Francisco Xose I]] logo de 68 anos de reinado. O novo emperador, [[Carlos I de Austria-Hungría|Carlos I]], procurou en [[1917]] conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.
 
En [[1918]] Carlos enviou a [[Guillerme II de Alemaña]] un telegrama anunciándolle o fin da alianza. O [[28 de outubro]] dese ano proclamouse a república de [[Checoslovaquia]], e o [[31 de outubro|31]] dese mes tivo lugar a secesión de [[Hungría]]. O [[3 de novembro]] levouse a cano o armisticio entre o Imperio austrohúngaro e os aliados. O [[7 de novembro]] proclamouse a república de [[Polonia]] (que se adxudicou a rexión austríaca de [[Galitzia]]), e o [[16 de novembro]] proclamouse a república de Hungría. O [[1 de decembro]] as rexións do sur do Imperio uníronse a [[Serbia]] e [[Montenegro]], formando o [[Iugoslavia|Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]]. O [[24 de decembro]] tivo lugar a unificación de [[Transilvania]] e [[Romanía]].