Ramón Menéndez Pidal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*expedente > expediente.
Liña 39:
En [[1925]] foi elixido director da [[Real Academia Española]]. Durante a [[Guerra Civil española]] decidiu saír do estado e viviu en [[Burdeos]], [[Cuba]], [[Estados Unidos]] e [[París]]. En setembro de [[1937]] inaugurou dous cursos na [[Columbia University]] sobre a historia da lingua española e os problemas da épica e o romanceiro. En Burdeos comezou a escribir a ''Historia de la lengua Española'', obra póstuma publicada en 2005 por [[Diego Catalán|Diego Catalán Menéndez-Pidal]]. En 1939 cesou como director da RAE en sinal de protesta ante as decisións que o poder político tomou sobre a situación dalgúns dos seus membros; porén, volveu ser elixido director en [[1947]] e seguiu neste cargo ata a súa morte, logrando que as cadeiras de académicos exiliados permanecesen sen cubrir ate que falecesen. O 31 de maio de 1950 foi nomeado fillo adoptivo de [[Burgos]] con apoio ministerial, obrigatorio por orde circular do 20 de xullo de [[1939]].<ref>''[[Diario de Burgos]]'': "Don Ramón Menéndez Pidal, hijo adoptivo" 1 de xuño de [[1950]].</ref>
 
A ''Revista de Filología Española'' seguiu publicándose durante a Guerra Civil baixo o coidado de Rafael Lapesa até o tomo 24, correspondente a 1937, baixo a supervisión de Tomás Navarro Tomás e dirección de [[Emilio Alarcos García]], aínda que sufriu algún atraso por falta de papel para a súa impresión no obradoiro de Hernando. O Centro de Estudios Históricos permaneceu activo polo menos durante 1937, abríndose unha sección na Casa da Cultura de Valencia, onde traballaban Dámaso Alonso, Emilio Alarcos García e [[Antonio Rodríguez Moñino]], amais de varios bolseiros e os estranxeiros Bonfante e [[Ángel Rosenblat]]. Dado que Menéndez Pidal marchara de España, en 1938 o Goberno da [[Segunda República Española|II República]] cesouno como Director do CEH «''por abandono del servicio''» mentres estaba dando un curso na [[Columbia University]] de Nova York. Ese mesmo ano o Goberno de Franco suprimiu a [[Xunta de Ampliación de Estudos]] e o [[Centro de Estudios Históricos]] ante a aparición do [[Consejo Superior de Investigaciones Científicas]]. No verán de 1938 Menéndez Pidal trasladouse a [[París]] e non recibiu permiso para refresar a Madrid ata o 4 de xullo de 1939, ao pesar sobre el un expedenteexpediente de depuración, que non foi sobresido até que fixo 83 anos.
 
En 1941 apareceu o tomo 25 da ''Revista de Filología Española'', aparecendo xa como dependente do CSIC, coas colaboracións de Emilio Alarcos (pai), Dámaso Alonso, [[José María de Cossío]], [[Vicente García de Diego]], [[Manuel García Blanco]], [[Francisco Rodríguez Marín]], [[María Josefa Canellada]], [[Alonso Zamora Vicente]], [[Francesc de Borja Moll]] e Rafael Lapesa. Os discípulos de Menéndez Pidal [[Amado Alonso]] e [[Alonso Zamora Vicente]] crearon dúas revistas de investigación filolóxica en Bos Aires: ''Revista de Filología Hispánica'' e ''Filología''.