Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 62:
Bismarck non destacou demasiado entre os seus mestres e compañeiros. Máis tarde diríase que abandonou a escola convertido nun [[Panteísmo|panteísta]] e convencido de que a [[Republicanismo|república]] era a [[Goberno|forma de goberno]] máis racional. Tales palabras encerraban unha crítica retrospectiva ás institucións docentes da época, máis influídas polo espírito burgués e o [[Humanismo (filosofía)|humanismo]] que pola tradición [[Monarquía|monárquico]]-[[Conservadorismo|conservadora]]. No entanto, afirmar a súa perfecta compenetración coa república é, de xeito evidente, esaxerado
 
==== EstudiosEstudos universitarios ====
[[Ficheiro:Bismarck1836.jpg|miniatura|esquerda|125px|Bismarck durante os anos en que era estudante de Gotinga. Autor anónimo, cara a 1836.<ref>Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 22.</ref>]]
En 1832, aos dezasete anos, ingresou na [[Universidade de Gotinga]] para estudar [[Dereito]]. De todos os seus profesores, Bismarck só se interesou por Heeren, historiador e profesor de Dereito público cuxas ideas sobre o [[Europa|mapa político europeo]] dominariano en gran medida no futuro.<ref>Feuchtwanger, E. J. “Juventud, estudios y pensamientos”..., pág. 18.</ref> Bismarck fíxose membro do Corps Hanovera, pero apenas aproveitou as posibilidades intelectuais que lle ofrecía aquela cidade universitaria, tan famosa no seu tempo, senón que se entregou corpo e alma ás alegrías da vida estudiantilestudantil. Moitas das súas aventuras, de maior ou menor gusto, en ocasións creáronlle conflitos coas autoridades académicas. El mesmo falou con franqueza e ironía da súa «vida silenciosa», a través da cal mostraba unha personalidade aínda sen moldear. Entre os seus amigos, ademais dos membros da nobreza Corps Hanovera, contábanse dúas importantes personalidades estranxeiras. Naquela época Bismarck, sen verdade algunha pola súa banda, recoñecía a súa forza interior; nunha carta dirixida a un amigo de mocidade escribía: «Serei o último pelagatos ou o home máis grande de Prusia».<ref>Fragmento dunha carta contida no libro de [[Hans Rothfels]], ''Vierteljahrshefte für Zeitgeschichte''.</ref>
 
Nesa época non existe o máis leve indicio de opinións políticas que deixen albiscar a futura obra do creador do Segundo Imperio. Bismarck finalizou os seus estudos en Berlín sen aproveitar as posibilidades científicas que a universidade lle ofrecía. Tamén neste aspecto mostrouse a súa vigorosa natureza. Polo que aos estudos se refire, Bismarck limitouse a aprender o necesario para aprobar, práctica entón non tan habitual como hoxe. En 1835 realizou o seu exame de licenciatura en Dereito, que non nos ilustra demasiado o seu ideario, pois respondía máis ás preguntas do examinador que aos intereses do examinado.<ref name=ref_duplicada_1>Mommsen, Wilhelm, “La juventud de Bismarck”..., páx. 21.</ref>