Walter Benjamin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a sen embargo
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 24:
Neste mesmo ano, o filósofo coñeceu ó daquela estudante de Matemáticas [[Gershom Scholem]], cinco anos máis novo ca el, que o introduciu nas cuestións xudaicas e co que mantivo unha amizade ata a súa morte.
 
En [[1917]], Benjamin casou con Dora Sophie Pollack (apelido de solteira Kellner), filla do experto vienés en filoloxía inglesa Max Kellner. No ano en que contraeron matrimonio, Benjamin cambiou de universidade e proseguiu os seus estudiosestudos en [[Berna]] para, entre outros motivos, eludir ser chamado a filas. En [[1918]] tiveron o seu único fillo, Stefan Rafael (11.4.1918 - 6.2.1972). Dous anos despois presentou a súa tese de doutoramento, ''Der Begriff der Kunstkritik in der deutschen Romantik'' ("O concepto da crítica de arte no romanticismo alemán"), baixo a tutela de [[Richard Herbertz]], pola que obtén un "summa cum laude".
 
De volta en Berlín en [[1920]], Benjamin traballou como escritor e xornalista, pero a súa actividade non abondaba para levar unha vida desafogada. En [[1921]] publicouse a súa tradución dos poemas de [[Charles Baudelaire]], prologada polo seu influente artigo ''Die Aufgabe des Übersetzers'' ("A tarefa do tradutor"). O ensaio ''Zur Kritik der Gewalt'' ("Crítica da violencia"), publicado tamén nese ano, obtivo unha favorable acollida. Tras fracasar no seu intento de editar unha revista chamada ''Angelus Novus'' (o título fora tomado dun cadro de [[Paul Klee]]), Benjamin trasládase a [[Frankfurt]] entre [[1923]] e [[1924]], para prepararse coa finalidade de obter o título de catedrático. Alí coñecerá a [[Theodor Adorno]] e a [[Siegfried Kracauer]].
Liña 38:
Os seguintes anos estiveron marcados polas dificultades económicas e o empeoramento da situación política en Alemaña. En [[1932]] escribiu un libro sobre a súa infancia e adolescencia, titulado primeiramente ''Berliner Chronik'' ("Crónica berlinense"), que despois cambiará polo de ''Berliner Kindheit um Neunzehnhundert'' ("Unha infancia no Berlín de finais do século XIX"). Publicáronse en vida só algúns fragmentos no xornal ''[[Frankfurter Zeitung]]''.
 
Coa chegada ó poder dos nacionalsocialistas, e tras ceder ós insistentes rogos da súa vella amiga [[Gretel Adorno]], Benjamin marchou a París en marzo de [[1933]]. A vida na capital francesa caracterizábase pola penuria económica e o autor sobreviviu coa axuda dos seus amigos, pero sobre todo, grazas ó magro salario que recibe pola súa colaboración co [[Institut für Sozialforschung]] (Instituto para a Investigación Social) dirixido polo emigrado [[Max Horkheimer]] en [[Nova York]]. No exilio, Benjamin traballou sobre todo nas ''Passagen-Werk'' ("As Galerías de París"). Ademais escribiu o ensaio ''[[Das Kunstwerk im Zeitalter seiner technischen Reproduzierbarkeit]]'' ("A obra de arte na era da reprodución técnica") e estudiosestudos sobre Baudelaire.
 
Un breve interludio ás dificultades da vida en París representou a súa estadía na casa de Brecht en [[Dinamarca]] en [[1938]]. Aquí conseguiu concentrarse no seu traballo (escritos sobre Baudelaire), pero este case idílico ambiente viuse truncado pola carta que lle escribiu Adorno rexeitando a súa proposta da obra sobre as galerías parisienses. Benjamin retornou a Berlín, pero en [[1939]] os nazis ordenaron a súa expatriación e o Instituto para a Investigación Social comunicoulle que debía retirarlle a axuda por razóns económicas. A desesperación de Benjamin era cada vez maior, non só tiña problemas de diñeiro, senón que a situación política tanto en Alemaña como o cariz autoritario que tomara a Unión Soviética abrumaban ó filósofo. Neste contexto Benjamin achegouse ó [[Colexio de Socioloxía]] fundado por [[Georges Bataille]], [[Michel Leiris]] e [[Roger Caillois]] e á sociedade secreta [[Acéphale]], creada por Bataille, aínda que vendo con reserva unha certa tendencia nas ensinanzas do Colexio a suxerir a loita contra o fascismo cos propios medios.