Béla Kun: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia burguesa xudía non practicante en Szilágycseh (daquela pertencente a [[Hungría]], actualmente en [[Transilvania]]). Na súa infancia recibiu frecuentes malleiras de seu pai, un notario alcólico da cidade. Estudou nun reputado instituto, onde recibiu apoio especial polo seu baixo nivel académico, subsistindo a familia en pobreza. Kun, problemático na escola, abandona os seus estudiosestudos universitarios de avogado para traballar como xornalista.
 
En [[1913]] casou coa mestra de música Iren Gal. Fíxose socialdemócrata e amigo de [[Endre Ady]] e outros intelectuais de esquerda. Recrutado polo exército austro-húngaro, caeu prisioneiro das tropas rusas loitando durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. O seu contacto coa revolución rusa fíxolle un fervente bolxevique, coñeceu a [[Lenin]] e ó acabar a guerra marchou como comunista a [[Hungría]] co propósito de participar na revolución. Fundou o Partido Comunista Húngaro en [[Moscova]] o [[4 de novembro]] de [[1918]].