Jean-Bertrand Aristide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-. / Axustes de estrutura.
Liña 3:
'''Jean-Bertrand Aristide''', nado en [[Port Salut]] o [[15 de xullo]] de [[1953]], é un [[Política|político]] e [[Sacerdocio|sacerdote]] [[salesiano]] [[Haití|haitiano]], portavoz da [[Teoloxía da liberación]]. Presidente Constitucional de Haití ([[1991]]; [[1995]] a [[1996]]; e [[2001]] a [[2004]]), sendo o primeiro elixido democraticamente na historia da república, índose do país tralo [[golpe de estado]] do 2004.
 
== Primeiros anosTraxectoria ==
 
=== Primeiros anos ===
Aristide naceu en Port-Salut. Asistiu a unha escola [[salesianos|salesiana]] en [[Porto Príncipe]], e logo a College Notre Dame, onde se graduou en 1974. Posteriormente fixo un curso de noviciado en La Vega, [[República Dominicana]], antes de retornar a Haití para estudar filosofía no Grand Seminaire Notre Dame e psicoloxía na Universidade de Haití. Unha vez concluídos os seus estudios en 1979, viaxou a Europa e estudou en Italia, despois en Canadá e en Israel. Aristide volveu a Haití en 1983 para ser ordenado sacerdote salesiano, dominando diversos idiomas ademais das súas linguas maternas, francés e crioulo, como o español, o inglés e o italiano.
 
Aristide naceu en Port-Salut. Asistiu a unha escola [[salesianos|salesiana]] en [[Porto Príncipe]], e logo a College Notre Dame, onde se graduou en 1974. Posteriormente fixo un curso de noviciado en La Vega, [[República Dominicana]], antes de retornar a Haití para estudar filosofía no Grand Seminaire Notre Dame e psicoloxía na Universidade de Haití. Unha vez concluídos os seus estudiosestudos en 1979, viaxou a Europa e estudou en Italia, despois en Canadá e en Israel. Aristide volveu a Haití en 1983 para ser ordenado sacerdote salesiano, dominando diversos idiomas ademais das súas linguas maternas, francés e crioulo, como o español, o inglés e o italiano.
 
Aristide fíxose cura dunha pequena parroquia en [[Porto Príncipe]] e máis grande dun dos barrios miseria de La Saline, onde era coñecido polo alcume [[crioulo haitiano|crioulo]] de "Titide" ou "Titid" (pequeno Aristide). Aristide converteuse nunha figura líder da á máis radical da igrexa católica en Haití, dando sermóns en radios católicas nacionais. Nunha entrevista en xaneiro de 1988, Aristide dixo: "O imperialismo americano sustentou ao goberno de Haití. As eleccións non son a saída, as eleccións son un modo de aqueles no poder controlar ao pobo. A solución é a revolución, primeiro no espírito do Evanxeo; Xesús non podía aceptar que o pobo pase fame. É un conflito entre clases, entre ricos e pobres. O meu traballo é de predicar e organizar..."
Liña 11 ⟶ 13:
Aristide foi expulsado da orde salesiana en 1988. Os salesianos indicaron que as actividades políticas do cura 'incitaban ao odio e á violencia' e non correspondían co seu rol de clérigo. Coa súa nova condición de laico aumentou o seu activismo político, antes opuxérase ao ditador [[Jean-Claude Duvalier]] (ou Bébé Doc) e despois do seu derrocamento, aos gobernos militares posteriores que estableceran unha sorte de "neoduvalierismo". Aristide sufriu varios intentos de asasinatos por escuadróns da morte patrocinados polo réxime imperante liderado en 1988 polo militar Henri Namphy, logrando sobrevivir a todos os atentados. A pesar da súa oposición ao fraudulento sistema electoral, decidiu lanzarse como candidato presidencial, despois de ofrecerse garantías desde as organizacións internacionais patrocinantes dos comicios para poñer fin á ditadura de Haití ininterrompidamente establecida desde a mesma independencia do país. Aristide logra ganar contundentemente con máis do 60% dos votos.
 
=== Presidencia ===
O exercicio da presidencia de Aristide foi un bo exemplo da interferencia do goberno [[Estados Unidos de América|estadounidense]] nos asuntos internos haitianos. Eles mesmos restituíron a Aristide tras o seu derrocamento en 1991 polo golpe de estado perpetrado polo xeneral [[Raúl Cédras]], que establecera unha férrea ditadura militar, e despois do boicot a este réxime pola comunidade internacional, véndose innecesario soster unha ditadura ultradereitista cando acababa de caer o comunismo e a guerra fría. Aristide retomou o poder en 1994, despois de culminar o seu período presidencial a pesar dos tres anos de ausencia.