José María Chao Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Fillo dunha familia de labregos ricos, estudou no colexio de Farmacia de Santiago de Compostela. Durante a invasión francesa alistouse no [[Batallón Literario]]. Participou en varias accións e ingresou como voluntario no Exército, servindo como practicante de farmacia ata 1814. Rematada a guerra, acabou os seus estudiosestudos de farmacia e estableceuse en [[Ribadavia]], onde iniciou a actividade política antiabsolutista. Contribuíu a que Galicia fose das primeiras en proclamar o establecemento da Constitución e durante o [[Trienio liberal]] (1820-1823) participou, como miliciano nacional voluntario en Ribadavia, en varias liortas cos absolutistas.
 
En 1826 abriu a súa farmacia en [[Vigo]] que se converteu nun centro de conspiración política polo que, trala caída do réxime liberal na [[Década Ominosa]], foi encarcerado ata [[1829]]. Atribuíuselle o protagonismo do episodio do atentado ao Capitán Xeral [[Nazario Eguía]], carlista e obsesionado cos liberais, moitos dos cales foran fusilados baixo o seu mandato. En 1829 perdeu unha man ao estalarlle un explosivo que contiña unha carta dirixida ao seu nome e que segundo todas as sospeitas só podía ter sido fabricada por un químico experto en explosivos, como era Chao, que unía aos seus coñecementos de química a experiencia adquirida na Guerra da Independencia. Nos anos seguintes Chao sufriu prisión varias veces por cuestións políticas, o que lle supuxo graves problemas económicos.