América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 217:
A agricultura nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e no [[Canadá]] está dominada por [[granxa]]s moi mecanizadas, as cales producen inmensas cantidades de [[cultivo]]s e produtos gandeiros. As [[Grandes Chairas]] do centro dos Estados Unidos e de parte do [[Canadá]] ([[Alberta]], [[Manitoba]] e [[Saskatchewan]]) son importantes produtoras mundiais de [[cereal|cereais]] (en especial [[trigo]], pero tamén [[cebada]], [[avea]], [[centeo]] e [[sorgo]]), sementes oleaxinosas e [[gando]] ( [[gando vacún|vacún]], destinado á [[industria láctea]] e cárnica, e la). Outra zona agrícola importante é o cinto do [[millo]] (''Corn Belt'' en [[lingua inglesa|inglés]]) que se atopa desde o oeste de [[Ohio]] ata o leste de [[Nebraska]]) e que produce as maiores colleitas mundiais de [[millo]], ademais de importantes cantidades doutros [[cereal|cereais]], brotes de [[soia]], gañado [[gando vacún|vacún]] e [[porcino]]. A agricultura en [[California]] produce unha enorme cantidade de cultivos de [[regadío]] de gran valor, especialmente [[froita]]s e [[hortaliza]]s. [[Florida]] e [[Texas]] tamén son grandes produtores de froitas e hortalizas, mentres que os estados de [[Idaho]], [[Estado de Washington|Washington]], [[Oregón]], [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], [[Dacota do Norte]] e o sueste do [[Canadá]] o cultivo de [[pataca]]s. Outros produtos agropecuarios relevantes son o [[algodón]], as [[aves]], os [[produtos lácteos]] e a [[cana de azucre]].<ref>[http://www.fao.org/ES/ess/census/wcares/canada_2000.pdf Canada - Agricultural Census 2001] {{en}}</ref><ref>[http://www.epa.gov/agriculture/ag101/cropmajor.html Major Crops Grown in the United States] {{en}}</ref>
=== Silvicultura e pesca ===
[[Ficheiro: Declaration independenceof Independence (1819), by John Trumbull.jpg |miniatura| Acta da ''Declaración de Independencia'' de [[John Trumbull]] depositado no [[Parlamento|Capitolio]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].]]
[[Ficheiro: Wounded Knee aftermath3.jpg|esquerda|miniatura|Campo de batalla de [[Wounded Knee]] despois do masacre de [[1890]].]]
A [[silvicultura]] é un subsector importante da economía canadense, especialmente na [[Columbia Británica]], [[Ontario]] e [[Quebec]].<ref>[http://www.canadian-forests.com/ Canadian Forests Website] (en inglés)</ref> Tamén hai industrias de produtos forestais nos estados do oeste (especialmente en [[Estado de Washington|Washington]], [[Oregon]] e [[California]]) e do sueste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].<ref>[http://www.wa.gov/esd/lmea/sprepts/indprof/forestry.htm www.wa.gov] (en inglés)</ref><ref>[http://www.oregon.gov/ODF/ www.oregon.gov] (en inglés)</ref><ref>[http://www.fs.fed.us/r5/ National Forests in California] (en inglés)</ref>