Correo electrónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 116:
 
Moitas MTAs adoitaban aceptar mensaxes para calquera receptor en Internet e facer o que podían para repartilos. Estas MTA denomínanse ''[[open relay|open mail relays]]''. Eran moi importantes nos primeiros días de Internet cando as conexións de rede eran de pouca confianza. Se un MTA non pode facer chegar a mensaxe ao seu destino, pode como mínimo entregalo ao ''open relay'' máis próximo ao destino. Este servidor tiña máis posibilidades de repartir a mensaxe un pouco máis tarde. Aínda así, este mecanismo foi explotado para enviar [[spam]] e como consecuencia moi poucos MTAs modernos son ''open relay'', e moitos MTAs non aceptan mensaxes destes servidores de correo porque é moi probable que sexan spam.
== Aplicacións para servidores e clientes ==
[[Ficheiro: Mozilla thunderbird empty screenshot.png|miniatura|A interface dun cliente de correo electrónico, [[Mozilla Thunderbird|Thunderbird]].]]
 
As mensaxes intercámbianse entre hosts que utilizan [[SMTP]] (''Simple Mail Transfer Protocol'') con programas chamados [[servidor de correo]]. Os usuarios poden recuperar as súas mensaxes de servidores que utilizan protocolos estándares como [[Post Office Protocol | POP]] ou [[IMAP]], ou, como é máis probable nunha gran corporación, cun protocolo propietario específico, como [[ Lotus Notes]] ou [[Microsoft Exchange Server]]. As interfaces [[Webmail]] permiten aos usuarios acceder ao seu correo con calquera [[navegador web]] estándar, desde calquera computador.
 
O correo pódese almacenar no lado do [[Arquitectura cliente-servidor|cliente]], no [[servidor]], ou en ambos os lugares. Os formatos estándares para caixas de correos inclúen [[Maildir]] e [[mbox]]. Algúns clientes prominentes de correo electrónico utilizan o seu propio formato patentado e esixen que o software de conversión transfira correo electrónico entre eles.
 
A aceptación dunha mensaxe obriga a un [[Servidor de correo|MTA]] a repartilo, e cando non se pode repartir unha mensaxe, aquel MTA debe enviar un [[mensaxe de rebote]] de volta ao remitente, indicando o problema .
 
== Direccións de correo electrónico ==