Siddhartha Gautama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de es.wiki
Liña 10:
 
Estudos arqueolóxicos e antropolóxicos actuais parecen confirmar que, na verdade, Siddhartha Gautama non foi un príncipe senón o fillo do dirixente dunha das varias repúblicas aristocráticas que existían na India daquela. A versión de '''príncipe''', con todo, é aceptada normalmente polas diversas escolas budistas, inclusive por conta dos mitos do inconsciente colectivo que se manifestan noutras historias en diferentes rexións do planeta.
 
== Buda histórico ==
As datas do seu nacemento e morte son incertas; a maioría dos historiadores de principios do século XX databan a súa existencia entre 563 e 483&nbsp;a.&nbsp;C.,<ref name=Cousins/> mais en opinións máis recentes dátase a súa morte entre 486 e 483&nbsp;a.&nbsp;C. e segundo outros entre 411 e 400&nbsp;a.&nbsp;C.<ref>{{cita libro|ano=2003|título=The Date of the Historical {{AFI|Śākyamuni}} Buddha|título-trad=Las fechas del Buda {{AFI|Śākyamuni}} histórico|editorial=B. R. Publishing Corporation|apelidos-editor=Narain|nome-editor=Awadh K.|isbn=8176463531}}</ref> Nun simposio que sobre este tema se levou a cabo en 1988,<ref name=Cousins/> a maioría dos que presentaron a súas opinións deron como datas un período que pode atoparse no 400&nbsp;a.&nbsp;C. restando ou sumando 20 anos, como a data aproximada da morte de Buda. Non obstante, estas cronoloxías alternativas aínda non foron aceptadas por todos os historiadores.<ref>1) {{cita libro|apellido=Schumann|nombre=Hans Wolfgang|título=The Historical Buddha: The Times, Life, and Teachings of the Founder of Buddhism|páxina=XV|editorial=[[Motilal Banarsidass]]|data=2003|lingua=en|isbn=8120818172}}
----2) {{cita libro|apelidos=Wayman|nome=Alex|título=Untying the Knots in Buddhism: Selected Essays|páxinas=37 - 58|editorial=Motilal Banarsidass|fecha-publicación=1993|lingua=en}}</ref> O descubrimento en [[Lumbini]] dun posible santuario budista, o [[Templo Maya Devi (Lumbini)|templo Maya Devi]], que data aproximadamente de 550&nbsp;a.&nbsp;C., podería facer que a data do nacemento do Buda retrocedese aínda más.<ref name="natgeo">{{cita web |url= http://news.nationalgeographic.com/news/2013/11/131125-buddha-birth-nepal-archaeology-science-lumbini-religion-history/ |título= Oldest Buddhist Shrine Uncovered In Nepal May Push Back the Buddha's Birth Date |dataacceso= 26-11-201 |apelidos= Vergano |nome= Dan |data= 25-11-2013 |editorial = [[National Geographic Society|National Geographic]] |lingua= en}}</ref>
 
Non se atoparon rexistros feitos durante a vida de Gautama, nin escritos realizados poucos séculos máis tarde tras a súa morte. Os [[textos budistas de Gandhara]] son os manuscritos budistas máis antigos que chegaron ata os nosos días, escritos entre os séculos I a.C. e III d.C.<ref>{{cita web |url= http://www.washington.edu/uwpress/search/books/SALANC.html |título= Ancient Buddhist Scrolls from Gandhara |dataacceso= 4-9-2008 |data= 1999 |editorial = University of Washington Press |lingua= en
}}</ref> e atopados preto de [[Hadda]] próxima a [[Jalalabad]] no leste de [[Afganistán]]. Actualmente consérvanse na [[Biblioteca Británica]]. Foron escritos en caracteres [[karosti]], en [[lingua gandjari]] e en 27 rolos de cortiza de [[bidueiro]].
 
== Véxase tamén ==