Federación de Mocedades Galeguistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 6:
As mocedades galeguistas locais estaban vencellas ás agrupacións locais do Partido Galeguista pero apenas mantiñan contactos entre si. En xaneiro de [[1933]] a [[Mocedade Galeguista de Celanova]] editou o periódico ''[[Adiante (Celanova)|''Adiante]]'' (do que só saiu un número). Foi Xaime Illa Couto, o secretario xeral da [[Mocedade Galeguista de Vigo]], o primeiro que fixo un chamamento para constituír unha Unión de Mocedades Galeguistas nun escrito aparecido en setembro de 1933 e do que se fixo eco ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', ao pouco tempo recibiu o apoio do resto das mocedades galeguistas espalladas polo país, a constitución formal foi coincidindo coa III Asemblea do Partido Galeguista en [[Ourense]], o [[13 de xaneiro]] de 1934.
 
A primeira Asemblea celebrouse en maio en Ourense, nela resultou elixido [[Francisco Fernández del Riego]] o seu secretario xeral. [[Xaime Illa Couto]], [[Xosé Luís Fontenla Méndez]] e [[Xoán Lois Ramos Colemán]] completaban a Secretaría Executiva. A II Asemblea tamén se celebrou en Ourense en abril de 1935, [[Xosé Velo]] pasou a ser o secretario xeral. [[Celso Emilio Ferreiro]], [[Vicente Bóveda]] e [[Xosé Nogueiras]] completaban o directorio da organización, durante a súa dirección celebrouse o que foi a concentración máis numerosa das organizada pola FMG, celebrada en Celanova o [[13 de outubro]] de [[1935]] e á que segundo o órgano da FMG, ''Guieiro'', asistiron 4000 persoas. Na III Asemblea celebrada en maio de 1936 apróbanse uns novos Estatutos pero a [[Guerra Civilcivil española]] impediu que se elixira a nova dirección.
 
==Estrutura orgánica==