David Ausubel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Universidade de Nova York
Liña 9:
 
==Teoría psicopedagóxica==
Ausubel diferenciadiferenza dous tipos de aprendizaxes: a referida ao modo en que se adquire o coñecemento, e a relativa á forma en que o coñecemento é subsecuentemente incorporado na estrutura de coñecementos ou estrutura cognitiva.
 
Ausubel rexeitaba o suposto [[Jean Piaget|piagetiano]] de que só se entende o que se descubre, pois tamén pode entenderse o que se recibe. Unha aprendizaxe é significativa cando pode relacionarse, de modo non arbitrario e substancial (non ao pé da letra) coo que xa se sabe. Son necesarias dúas condicións: o material de aprendizaxe debe posuír un significado en si mesmo as súas diversas partes deben estar relacionadas con certa lóxica), e debe ser potencialmente significativo para a aprendizaxe (debe posuír na súa estrutura de coñecemento ideas coas que se poida relacionar o material). Para lograr a aprendizaxe dun novo concepto cómpre tender unha ponte cognitiva entre ese novo concepto e algunha idea de carácter máis xeral xa presente. A esta ponte cognitiva chámalle organizador previo, consistente nunha ou varías ideas xerais que se presentan antes que os propios materiais de aprendizaxe para facilitar a súa asimilación.