Rafael Dieste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 43:
 
== Traxectoria ==
Con quince anos matriculouse na [[Escola Normal de Santiago de Compostela]], mais interrompeu os seus estudiosestudos para viaxar a [[México]], onde moraba un irmán seu. De regreso a Rianxo iniciou a súa relación coa literatura da man de [[Manuel Antonio]]. Ambos os dous entraron en contacto co [[federalismo]] e o [[nacionalismo]] a través de [[Vicente Risco]].
 
Entre [[1921]] e [[1923]] debeu facer o [[servizo militar]] na [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]]. Publicou algúns relatos na revista ''[[Cuentos Nuevos]]'' de Compostela. De regreso á Galiza, rematou a carreira de [[xornalismo]] e colaborou en varios xornais de [[Vigo]], como ''[[Faro de Vigo]]'', ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]'' e ''[[El Pueblo Gallego]]''. En [[1926]] recolleu oito relatos xa publicados nestes dous últimos no libro ''[[Dos arquivos do trasno]]''. Coa súa lectura ingresou, en [[1927]], no [[Seminario de Estudos Galegos]].
Liña 49:
Dieste formou parte dunha nova xeración que se debateu entre a dedicación á causa galega e o desexo dun triunfo persoal máis amplo nas letras españolas. Así, en [[1932]] trasladouse a [[Madrid]] para iniciar a súa carreira como escritor. Foi animador nas [[Misións Pedagóxicas]], e en [[1933]] encabezou a misión que visitou Galiza. Cunha bolsa de estudos da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] viaxou en 1935 por [[Francia]], [[Italia]] e [[Bélxica]] para estudar o teatro europeo.<ref>[http://dspace.usc.es/handle/10347/1774 Axeitos, Xosé Luís: «Dos arquivos de Rafael Dieste : epistolario de Eduardo Dieste, cartas a Rafael Dieste e ó pintor Colmeiro»], [[Boletín Galego de Literatura]], ISSN 0214-9117, N. 8, (1992), 129-135.</ref> O [[Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno en [[Madrid]] traballando nas Misións Pedagóxicas.
 
Durante a [[Guerra civil española]] de 1936 formou parte da [[Alianza de Intelectuais Antifascistas]] promovida polos comunistas e foi un dos seus responsables da súa revista literaria, ''[[El Mono Azul]]'', colaborou tamén na revista ''[[Nova Galiza]]''. Foi nomeado director do Teatro Español formando unha compañía con actores en paro. Seguiu a retirada republicana a [[Valencia]] en novembro de 1936 onde participa na fundación da revista literaria ''Hora de España'' e [[Barcelona]] a fins de 1937 e recibe o encargo de [[Castelao]] de dirixir ''Nova Galiza'', en 1939 ingresou no Exército do leste como comisario e participou na elaboración de ''El Combatiente del Este'', finalmente exiliouse coa caída de [[Cataluña]]. Despois de breves estadías en [[Francia]], [[Rotterdam]] e no [[Uruguai]], estableceuse en [[Buenos Aires]], onde traballou como director literario na Editora Atlántica. En [[1948]], viaxou por Europa como comisionado do Museo Nacional de Artes Plásticas de [[Montevideo]], e aceptou un posto de lector de Lingua e Literatura Españolas na [[Universidade de Cambridge]] até [[1952]], ao que seguiría outro lectorado no Instituto Tecnolóxico de EstudiosEstudos Superiores de [[Monterrei]]. En [[1954]] regresou a Buenos Aires e á Editorial Atlántida, na que apareceu a versión definitiva de ''A fiestra valdeira'' ([[1958]]).
 
En [[1961]] regresou a Rianxo e, un ano despois, publicou en [[Editorial Galaxia|Galaxia]] unha reedición de ''Dos Arquivos do Trasno'', ampliando o número de contos. A mediados desa década instalouse na [[A Coruña|Coruña]] e en [[1970]] ingresou na [[Real Academia Galega]] como membro de número co discurso "A vontade de estilo na fala popular". Colaborou en diversas publicacións e foi requirido para participar en conferencias, homenaxes e mesas redondas. As súas intervencións nestes actos públicos foron recollidas no libro póstumo ''Encontros e vieiros'' ([[1990]]). En [[1977]] asinou o "[[Manifesto dos 29]]", reclamando o [[autogoberno]] para Galiza.