Serotonina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 71:
A serotonina segregada polas [[célula enterocromafín|células enterocromafíns]] finalmente fíltrase entre os tecidos e chega ao sangue. Alí, é captada activamente polas [[plaqueta]]s, que a almacenan. Cando as plaquetas se unen a un coágulo, liberan a serotonina, que serve como [[vasoconstrición|vasoconstritor]] e axuda a regular a [[hemostase]] e a [[coagulación sanguínea]]. A serotonina tamén é un factor de crecemento para algúns tipos de células, o cal lle dá un papel na curación de feridas.
 
A serotonina metabolízase principalmente aorixinando [[5-HIAA]], fundamentalmente no [[fígado]]. O seu metabolismo implica primeiro a oxidación pola [[monoamino oxidase]] (MAO) ao seu correspondente [[aldehido]], e despois a oxidación pola [[aldehido deshidroxenase]] a 5-HIAA, o
derivado indol acético. Este último é despois excretado polos [[ril]]es. Un tipo de tumor chamado [[carcinoide]], ás veces segrega grandes cantidades de serotonina ao sangue, o que causa varias formas de [[síndrome carcinoide]] con diarrea, e problemas cardíacos. Debido ao efecto promotor do crecemento da serotonina sobre os [[cardiomiocito|miocitos cardíacos]], as persoas con carcinoide secretor de serotonina poden sufrir danos no funcionamento da válvula tricúspide do corazón, causados pola proliferación de [[miocito]]s na válvula.