Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
m →‎Primeiros anos: arranxiños
Liña 42:
[[Ficheiro:Rembrandt aux yeux hagards.jpg|miniatura|esquerda|170px|''Autorretrato con capa e ollos mui abertos'', [[augaforte]] e [[buril]], 1630.]]
=== Primeiros anos ===
'''Rembrandt'''<ref group='nota'>A "d" apareceu no seu apelido en cadros asinados en 1633. Anteriormente, "Rembrant" identificara os seus cadros cunha combinación de iniciais e anagramas, tal como [[Durero]] adoitaba facer. En 1632, o artista empezou a asinar co seu primeiro apelido, "Rembrant". Ao ano seguinte empezou a utilizar a nova grafía do seu primeiro apelido, e mantívoa durante o resto da súa vida. Aínda que só se pode especular, apuntouse que esta decisión poida deberse á súa vontade de ser recoñecido polo seu nome, como os grandes artistas do [[Renacemento]] -[[Rafael Sanzio|Rafael]], ou [[Leonardo daDa Vinci|Leonardo]]- e reflectía o orgullo profesional dun gremio de crecente prestixio. Véxase [http://www.rembrandt-signature-file.com esta páxina] para máis información sobre a firma de Rembrandt.</ref> '''Harmenszoon van Rijn''' foi o noveno fillo do matrimonio formado por Harmen Gerritszoon van Rijn e Neeltgen Willemsdochter van Zuytbrouck.<ref>Bull, ''et al.'', p. 28.</ref> De familia acomodada -o seu pai era [[Muíño|muiñeiro]] e a súa nai a filla dun [[panadeiro]], profesións entón moi lucrativas-, Rembrandt recibiu a súa educación básica en [[latín]], e posteriormente asistiu á [[Universidade]] de [[Leiden]]. Segundo os seus coetáneos, o mozo xa manifestaba unha marcada afección á [[pintura]], que lle levou a converterse en aprendiz dun pintor histórico de Leiden chamado [[Jacob van Swanenburgh]], con quen estudaría durante tres anos. Tras un breve pero intenso aprendizaxe de seis meses co soado [[Pieter Lastman]], en [[Ámsterdam]], Rembrandt inaugurou o seu propio estudo en Leiden en 1624 ou 1625 -as datas difieren segundo cada fonte-, que compartiría co seu amigo e colega [[Jan Lievens]]. Pieter Lastman é o que máis lle influíu e o que lle transmitiu as tendencias italianas máis de moda; proba diso é que as súas primeiras obras, como'' [[Lapidación de San Estebo]]'', están moi influenciadas polo seu estilo. Alí o seu estilo foi evolucionando desde uns inicios de cor brillantes e xestos esaxerados ata chegar a ter un gran dominio do [[claroscuro]]; esta técnica tan típica do [[Barroco]] é a máis característica da súa obra, e a que lle dá máis forza e personalidade. En 1627, Rembrandt empezou a impartir clases de pintura, e entre os seus numerosos alumnos destacou [[Gerrit Dou]].<ref group='nota'>Slive escribiu unha biografía completa sobre este personaxe, vid. páx.55 e ss.</ref>
 
En 1629 Rembrandt foi descuberto polo [[estadista]] Constantijn Huygens -pai do soado matemático e físico [[Christiaan Huygens]]-, quen lle facilitaría importantes encargos da corte da [[A Haia|Haia]]. Como resultado desta relación, o mesmo príncipe [[Federico Henrique de Orange-Nassau|Frederik Hendrik]] foi adquirindo obras de Rembrandt ata 1646.<ref>Slive, pp. 60, 65</ref>
 
=== A vida con Saskia ===
[[Ficheiro:Saskia.jpg|miniatura|esquerda|170px|Retrato de Saskia van Uylenburg (c. 1635)]]