Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 40:
== Hatshepsut, faraón ==
=== Dous faraóns nun mesmo trono ===
Cando se viu o suficientemente forte, a ata entón gran esposa real e esposa do deus, Hatshepsut, en presenza do faraón TutmosisThutmose III, se autoproclamou tamén faraón das Dúas Terras e primoxénita de Amón, co beneplácito dos sacerdotes, encabezados por Hapuseneb. O golpe de efecto foi maxistral, e o inexperto TutmosisThutmose III non puido facer outra cousa máis que admitir a superioridade da súa tía e madrastra. Hatshepsut converteuse na terceira raíña-faraón coñecida na historia exipcia.
 
Hatshepsut asumiu todos os atributos masculinos do seu cargo (agás o título de ''"Touro poderoso"''), facéndose representar a partir de entón como un home e tocándose de barba postiza. Estableceu unha insólita correxencia co seu sobriño, aínda que houbo un claro predominio da primeira sobre o segundo, ata tal extremo de colocalo nun segundo plano impropio do papel futuro que tería TutmosisThutmose III na historia. Tal era o carisma e a personalidade desta muller.
 
Aínda así, non se pode ver de ningún xeito a Hatshepsut como unha usurpadora, visión que trasladaron á nosa época algúns autores. Polo menos non se viu así no seu tempo, pois de ser o caso, Hatshepsut eliminaría con total facilidade aos seus adversarios ou se produciu unha guerra civil. TutmosisThutmose III non estivo encerrado en palacio, como se chegou a pensar, nin tampouco Hatshepsut evitou facer mención algunha á súa existencia. A sociedade de entón asumiu sen problemas a nova situación, e Hatshepsut gozou dun dos reinados máis prósperos de toda a historia exipcia, grazas tamén ao apoio recibido por Hapuseneb e Senenmut, auténticos gobernantes na sombra.
 
=== A Teogamia ===