Hatshepsut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Familia: Thutmose
Liña 30:
A nova raíña era descendente directa dos grandes faraóns liberadores dos [[hicsos]] e ademais ostentaba o importante título de [[Esposa do deus]], o que a facía portadora do sangue sacro da raíña [[Ahmose-Nefertari]]. É lóxico que o seu orgullo fose inmenso, e que non soportase moi ben a idea de supeditarse ao seu marido. Así, non é de estrañar que mentres o seu débil e brando esposo cinguía a dobre coroa, Hatshepsut comezase a rodearse dun círculo de adeptos que non deixaron de crecer en poder e influencias: entre eles destacamos sobre todo a [[Hapuseneb]] e a [[Senenmut]]. A gran esposa real converteuse, para temor do visir Ineni, nun perigoso opoñente.
 
=== O terceiro dos TutmosisThutmose ===
TutmosisThutmose II tivo un reinado moi breve, e morreu en plena mocidade cando os seus dous únicos fillos coñecidos aínda estaban na primeira infancia. Como pasara na xeración anterior, a gran esposa real Hatshepsut non trouxera ao mundo un home, senón unha nena, polo que volveu abrirse unha crise sucesoria. Unha vez máis, Ineni conseguiu que a nobreza aceptase como único candidato factible a un fillo de Tutmosis II e dunha simple concubina, que sería nomeado rei como [[TutmosisThutmose III]]. No entanto, a raíña viúva Hatshepsut non quería que a historia repetísese por segunda vez, e o certo é que a modificou considerablemente.
 
Dado que TutmosisThutmose III era demasiado pequeno para gobernar, a gran esposa real de Tutmosis II asumiu a rexencia e pospuxo indefinidamente o matrimonio entre o novo rei e a súa filla, a princesa real [[Neferura]], única persoa que podería lexitimar o seu ascenso ao poder absoluto. A situación non era rara: houbo moitos casos de rexencia ao longo da historia exipcia, aínda que nunca dunha muller á que non a unía ningún lazo sanguíneo co rei.
 
Durante os primeiros anos de reinado de TutmosisThutmose III, Hatshepsut estivo preparando minuciosamente un "golpe de estado" que revolucionaría á tradicional sociedade exipcia. Afastou para sempre da escena política a Ineni, e elevou aos seus fieis Hapuseneb e Senenmut aos máis altos cargos. Parece ser que a figura política máis importante da época foi Hapuseneb, quen uniu para si os cargos de visir e de [[sumo sacerdote de Amón]]. Cuns aliados tan poderosos, Hatshepsut tiña agora os medios e o apoio suficientes para sorprender ao mundo.
[[Ficheiro:Hatshepsut-CollosalGraniteSphinx02 MetropolitanMuseum.png|220px|dereita|miniatura|Hatshepsut, con barba faraónica claramente visible. [[MMNY]]]]
 
== Hatshepsut, faraón ==