Hititas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencias
m →‎Dereito: arranxiño
Liña 302:
=== Dereito ===
 
O dereito hitita é bastante mal coñecido. Éo esencialmente por coleccións de leis (dúas táboas atopadas en Hattusa) e carecemos de documentos da súa práctica, como os contratos. Semella ser un dos máis evolucionados da Antigüidade e é moi antigo, pois data do segundo milenio antes da nosa era. Ao datar do [[século -XIV|século XIV a.C.]], as leis están compostas por un fondo [[consuetudinario]] arcaico, por [[xurisprudencia]] e por leis reais de épocas diferentes.
 
A [[dereito penal|parte penal]] busca máis a reparación do prexuízo sufrido (como a reparación dunha plantación devastada) que vinganza. As disposicións lexislativas poñen o acento sobre a emenda do culpábel, e prevense numerosas compensacións pecuniarias. Prevense as incapacidades temporais de traballo, e o responsábel debe suplir a vítima, en persoa ou por un escravo e paga tamén o médico e unha indemnización. As compensacións pecuniarias son menos elevadas se o crime se comete contra unha persoa do común.