Hititas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrixo formato de datas a.C.
m corrixo ligazóns
Liña 53:
Os hititas provirían de [[Europa]]. A súa xénese é aínda moi confusa, pero a hipótese comunmente admitida é a seguinte:
 
No [[Neolítico]] ([[-VII milenio|VII milenio a.C.]]), desenvólvese unha civilización florecente nos [[Balcáns]] e a [[Conca fluvial|conca]] do [[Danubio]]. Esta civilización, cuxa continuidade non se pon en dúbida, desenvólvese ata o [[IV milenio a. C.|IV milenio a.C.]] Moi refinada, parece ter mesmo creado unha especie de [[escrita]], probabelmente un [[silabario]]. Paralelamente, no [[-V milenio|V milenio a.C.]], un pobo máis rudo, que falaba moi probabelmente unha lingua próxima do indoeuropeo orixinal, esténdese nas chairas entre o [[río Dniepr|Dniepr]] e o [[río Volga|Volga]]. Esta civilización caracterízase principalmente polas tumbas das súas elites: foxas recubertas de pequenos túmulos, chamadas en ruso [[kurgán]]. Elas deron nome a esta civilización: a [[cultura dos Kurgáns]]. Ás veces, un pouco impropiamente, xa que unha cultura non é un pobo, chámaselles pobo dos kurgáns.
 
Certos membros da cultura dos kurgáns van emigrar, en tres ondas, entre o Vº e o [[III milenio a. C.|IIIº milenio a.C.]], cara a civilización danubiana e hana destruír. Numerosos pobos, por asimilación recíproca, van resultar deles.
 
Non se sabe se os hititas xurdiron da primeira vaga dos kurgáns ([[4400 a.C.]]- [[4200 a.C.]]) que, tras teren chegado aos Balcáns, se viron obrigados a emigraren cara [[Anatolia]] baixo a presión da segunda onda de migracións ou se xurdiron desta segunda migración ([[3400 a.C.]] - [[3200 a.C.]] pero a [[arqueoloxía]] non testemuña movementos de poboación desde os Balcáns ata Anatolia ata o final do IIIº milenio antes da nosa era. Algunhas poboacións de [[lingua luvita]] parecen instalarse sobre os anos [[-2300|2300 a.C.]]- [[2200 a.C.]]: numerosas cidades de [[Asia Menor]], entre as cales está [[Troia]], son devastadas. Unha segunda onda, cara o [[-2000|2000 a.C.]]-[[-1900|1900 a.C.]] semella terse instalado máis lentamente, son as poboacións que falaban o [[lingua hitita|hitita-nesita]], esencialmente na curva do río [[Halys]].
Liña 67:
=== A época dos emporios asirios (séculos [[século -XX|XX a.C.]] – [[século -XVIII|XVIII a.C.]]) ===
 
Ao inicio do [[II milenio a. C.|II milenio a.C.]], os [[Asiria|asirios]] instalan unha vintena de [[emporio]]s en Anatolia. Ao contrario que os hititas, os asirios chegan en reducido número e cada emporio consiste nunha colonia asiria separada da poboación local.
 
Cada unha destas colonias, chamadas ''[[karum]]'' conserva a organización asiria tradicional e fica baixo a autoridade do karum de Kanesh, controlado pola metrópole. Os asirios, como testemuñan as numerosas taboíñas [[cuneiforme]]s atopadas, controlaban toda a economía da Asia Menor, en particular o comercio do [[cobre]].
Liña 101:
'''[[Labarnas I]]''' foi o primeiro verdadeiro rei dos hititas. Case non hai documentos ou vestixios do seu reinado e, a parte do ''[[Edito de Telibinus]]'', apenas aparece mencionado nos documentos. Algúns historiadores din que se podería tratar dun rei lendario. Todos os reis que o sucederon no trono hitita utilizaron o título de ''Labarnas'', segundo un método semellante ao dos emperadores romanos que empregaron os títulos de ''[[César (título)|César]]'' e ''[[Augusto]]'' por [[Xulio César]]. Do mesmo xeito, probabelmente para marcaren a continuidade coa efémera dinastía de Anittas, Labarnas I, e todos os seus sucesores ata a caída do Imperio, toman os títulos de ''Gran Rei'' e o de ''home de Kussar'', vila de orixe de [[Pithanas]], pai do primeiro rei, Anittas.
 
O seu sucesor foi '''[[Hattusilis I]]''', igualmente chamado [[Labarnas II]]. Os seus vínculos de parentesco co seu predecesor son pouco claros: algúns pensan que este foi o seu neto, o seu sobriño ou mesmo o seu fillo adoptivo. Rei conquistador, o seu nome indica que establecera a súa capital en [[Hattusa]]. Con el, o reino hitita esténdese polo norte ata o [[mar Negro]] ([[Zalpa]]), polo sur ata [[Arzawa]] e polo leste ata o [[Éufrates]]. É o primeiro rei hitita que atravesou os [[Montes Taurus]] que separan a [[Anatolia]] da [[Siria]] actual. Alí destruíu [[Alalah]], vasalo do reino de [[Iamkhad]], cuxa capital era [[Alepo]].
 
[[Mursilis I]] sucede ao seu avó á fronte do reino hitita. Como o seu avó foi un gran guerreiro. Destrúe o poder de [[Iamkhad]], onde destrúe a súa capital [[Alepo]], logo, en 1594 a.C. leva un ataque sobre [[Babilonia]], que captura, provocando a caída da dinastía fundada por [[Hamurabi]].
Liña 107:
Pero guerreando lonxe da súa capital, o reino hitita vólvese fráxil e cando '''[[Hantilis I]]''', cuñado de Mursilis, o sucede tras asasinalo, é o inicio dun longo período de problemas. Tras a revolta de [[Karkemish]], os [[hurritas]] do [[Éufrates]] subleváronse e venceron ao soberano. Os [[Gasgas]] fixeron as súas primeiras incursións nas provincias do Norte. O seu sucesor, '''[[Zidantas I]]''', é coñecido ante todo pola súa falla de escrúpulos: para acceder ao trono, non dubidou en asasinar ao fillo e ao neto de Hantili. El tamén ha ser asasinado por '''[[Ammunas]]''', o seu propio fillo, que o vai suceder.
 
Baixo o seu reinado a situación empeora e o reino hitita perde varias provincias, entre elas [[Arzawa]] e [[Adana]]. Á súa morte, tras o asasinato dos seus herdeiros lexítimos, foi '''[[Huzziyas I|Huzziyas]]''', moi probabelmente un dos seus descendentes ilexítimos, quen o sucede, pero é eliminado rapidamente por '''[[Telibinus]]''', xenro de Ammunas, que envía ao exilio a el e mailos seus irmáns. Telibinus, principalmente coñecido polo ''Edito de Telibinus'', que establece unha [[lei sucesoria]] que fica en vigor ata o fin do Imperio, consegue igualmente consolidar o reino hitita por diferentes accións militares e por un tratado co rei de [[Kizzuwatna]].
 
==== Soberanos hititas do antigo reino ====
Liña 125:
 
* os [[gasgas]], que fixeran as súas primeiras aparición baixo o reinado de Hantilis I, vólvense máis ameazadores. Obrigan a Hantilis II a reforzar as defensas da capital e das cidades próximas ás fronteiras do reino.
* os [[hurritas]], que se unifican e forman o reino de [[Mitanni]], cuxo poderío aumenta rapidamente. Este estado anexa ou converte en vasalos os reinos de [[Alepo]], de [[Alalah]] e de [[Kizzuwatna]].
 
==== Soberanos hititas do reino de [[Hatta]] ====
Liña 138:
=== O Imperio Medio (1465 a.C./[[-1380|1380 a.C.]]) ===
 
Sobre 1465 a.C., a dinastía fundada por Labarna é expulsada. É a consecuencia dos problemas dos reinados anteriores e o novo rei, '''[[Tudhaliyas I]]''', ten devanceiros hurritas e de Kizzuwatna. Aproveitando as accións do faraón [[Thutmosis III]] contra [[Mitanni]], que vence a unha coalición mitanno-cananea na [[Batalla de Megiddo]], obtén distintas vitorias contra os [[hurritas]], cousa que lle permite volver a poñer [[Kizzuwatna]] baixo o dominio de [[Hattusa]] e destruír [[Alepo]]. Ademais da era de boas relacións con [[Antigo Exipto|Exipto]] que inaugura a nova dinastía, Tudhaliyas renova profundamente as elites do país: desde o seu reinado, ao lado da aristocracia tradicional, numerosos personaxes con nomes de orixe hurrita ocuparon postos importantes.
 
==== Soberanos hititas do Imperio Medio ====
 
* 1465 a.C./[[-1420|1420 a.C.]]: [[Tudhaliyas I]]
* [[-1420|1420 a.C.]]/[[-1400|1400 a.C.]]: [[Arnuwandas I]]
* 1400 a.C./[[-1397|1397 a.C.]]: [[Tudhaliyas II]] ou [[Tukhantis]]
* [[-1397|1397 a.C.]]/[[-1395|1395 a.C.]]: [[Hattusilis II]]
* [[-1395|1395 a.C.]]/[[-1380|1380 a.C]].: [[Tudhaliyas III]]
 
=== O Imperio Novo ([[-1380|1380 a.C.]]/[[-1190|1190 a.C.]]) ===
[[Ficheiro:Hitt Egypt Perseus.png|miniatura|300px|Os imperios hitita e exipcio.]]
Tras o asasinato do herdeiro do trono, o novo e enérxico príncipe '''[[Suppiluliumas I]]''' reforma completamente o reino hitita. É a verdadeira creación do Imperio Hitita.
 
Suppiluliumas restablece igualmente o reino no seu papel de peza importante no taboleiro de xadrez do Oriente Próximo. Loita contra [[Mitanni]] e reduce o seu poder, e logo lanza unha campaña contra [[Kizzuwatna]], que se anexiona.
 
O renacer do poder hitita rompe o equilibrio do Oriente Próximo: os hititas e os exipcios exercían nel unha loita de influencias co fin de controlar o corredor comercial que pasa entre a [[Siria]] e a [[Palestina]]. Pero os [[faraón]]s exipcios reaccionan debilmente ás conquistas hititas que anexionan ou converten en vasalos aos Estados aliados de [[Mitanni]], tamén aliado de [[Antigo Exipto|Exipto]]: [[Alalah]], [[Nuhase]] e mesmo [[Qadesh]], chave do val do [[Río Orontes|Orontes]], son controladas por [[Suppiluliumas I|Suppiluliumas]] durante o reinado de [[Akhenaton]]; os reinos de [[Amurru]], de [[Aziru]] e de [[Ugarit]] convértense en vasalos durante o reinado de [[Tutankhamon]]. Finalmente, os últimos aliados de [[Mitanni]] ceden e [[Karkemish]], que controla o paso do [[Éufrates]], intégrase no Imperio.
 
Rompendo coa tradición, Suppiluliumas consolida as súas conquistas ao facer tratados cos seus vasalos, que elixe con coidado. Nomea así aos seus dous fillos reis de [[Alepo]] e de [[Karkemish]]. Esta cidade, unha das máis antigas do Oriente Próximo, convértese na segunda cidade do imperio. Alí reside o vicerrei, controlando desde esta cidade os diferentes reinos sirios que foron converténdose progresivamente en vasalos do imperio hitita. Suppiluliumas reforza a súa posición ao casar as súas fillas con diferentes reis sirios.
 
Mentres que as tropas exipcias son rexeitadas en [[Qadesh]], o faraón [[Tutankhamon]] morre subitamente sen herdeiro. A súa esposa [[Ankhesenamon]], convence a Suppiluliumas para lle enviar un dos seus fillos, para volver casar. Suppiluliumas envía finalmente ao príncipe [[Zannanzach]] que é asasinado antes de chegar a [[Antigo Exipto|Exipto]]. Este feito é un dos factores desencadeador das guerras que enfrontaron as dúas potencias durante varias xeracións.
 
Suppiluliuma morre precozmente dunha peste, cuxa propagación se vira favorecida polas numerosas deportacións do seu reinado. O seu sucesor, '''[[Arnuwandas II]]''' desaparece igualmente pouco despois, da mesma enfermidade. Pero a obra de Suppiluliumas dá sobrevivido. Os reis de [[Alepo]] e de [[Karkemish]], os seus fillos, así como o rei do [[Mitanni]], o seu xenro, están vencellados por lazos moi fortes á dinastía: ficarán fieis aos reis hititas ata a caída do Imperio.
 
Así, un fillo maior de Suppiluliumas sobe ao trono: '''[[Mursilis II]]'''. A situación é difícil: non só a peste asola o país, senón que Mursilis debe antes que nada vencer a rebelión dalgúns vasalos. O rei abandona por un tempo a capital [[Hattusa]]. Conquista [[Arzawa]] e destrúe o reino de [[Azzi]]. [[Ugarit]] e o [[Amurru]] vense obrigados a renovaren os seus tratados de vasalaxe. Finalmente, a loita contra os [[gasgas]] é igualmente necesaria: libera as provincias do norte e reforza a fronteira sobre as montañas que se elevan sobre o [[Mar Negro]].
 
Sucédeo no trono o seu fillo '''[[Muwatallis II]]'''. Como no caso dos seus predecesores, o seu reinado foi a ritmo de guerras. Muwatallis vence ao reino de [[Wilusa]], ao noroeste do Imperio, que se converte en vasalo del. Logo ha de enfrontarse aos [[Gasgas]]gasgas que atravesan a fronteira, pillando e destruíndo as cidades hititas. A capital [[Hattusa]] é destruída e o rei e a súa corte refúxianse en [[Tarhuntassa]], unha cidade do sur. Para restablecer a súa autoridade sobre o norte do país, nomea ao seu irmán [[Hattusilis III|Hattusilis]] administrador das provincias do norte. Ao mesmo tempo, a ameaza asiria faise patente: [[Mitanni]] é vencido e vólvese vasalo do imperio mesopotámico.
 
Mentres que [[Hattusilis III|Hattusilis]] pacifica o norte e o rei asirio [[Adad-Nirari]] se converte en soberano de [[Mitanni]], o rei Muwatallis concéntrase sobre a veciña Siria. O conflito con Exipto non tarda en recomezar, os seus faraóns [[Seti I]], e logo [[Ramsés II]], que desexan recuperar as posesións sirias perdidas baixo [[Akhenatón]] e [[Tutankhamon]], en particular o reino de [[Amurru]] e a clave da ruta comercial que unía o Mediterráneo e Mesopotamia, a cidadela de Qadesh, na fronteira entre as zonas de influencia dos dous imperios. Ramsés obtén nun principio unha vitoria diplomática ao unir o soberano de [[Amurru]] á súa causa. A guerra acadará o seu paroxismo tras a [[Batalla de Qadesh|segunda batalla de Qadesh]], verdadeira partida en branco que vai restablecer o ''[[statu quo]]'' ao volver a poñer o reino de [[Amurru]] baixo a soberanía hitita. Este foi o fin do conflito entre os imperios hitita e exipcio: os dous estarán en diante preocupados pola ameaza [[asiria]].
 
Muwatallis II morre en 1270 a.C. e o seu fillo ilexítimo, '''[[Mursilis III]]''', sucédeo baixo a rexencia do seu tío [[Hattusilis III|Hattusilis]]. Este logo se rebela e envía ao exilio a Mursilis, que se refuxia na illa de [[Chipre]]. '''[[Hattusilis III]]''' sobe ao trono e asina un tratado de paz con Exipto. Tras reconquistar os territorios ocupados polos [[gasgas]] e vencer unha rebelión dos [[luvitas]], que non recoñecían a súa usurpación, Hattusilis III ten un reinado un pouco máis pacífico. Estabiliza a situación en Siria pola paz con Exipto e unha alianza con [[Babilonia]] permítelle vixiar a ameaza [[asiria]]. Pero esta ameaza medra: [[Mitanni]] cae diante dos [[Asiria|asirios]] en [[-1260|1260 a.C.]].
 
O sucesor de Hattusilis III é, conforme coa lei sucesoria, o seu fillo, '''[[Tudhaliyas IV]]'''. Este loita nun principio para manter a unidade do imperio, contra os reinos de [[Ahhiyawa]] e de Arzawa. Durante este conflito, asegura a súa retagarda ao asinar un pacto con Asiria a cambio do recoñecemento das súas conquistas. Pero logo volve Asiria a pasar á ofensiva e ataca a beira oeste do Éufrates, en mans hititas. Tudhaliyas reacciona, pero o seu contraataque remata en fracaso na [[batalla de Nihiriya]] en [[-1230|1230 a.C.]].
Liña 176:
Pero Tudhaliyas non so marcou a historia hitita polos seus feitos guerreiros: verdadeiro reformador relixioso, reorganizou o culto, modificou as festas e agrandou o santuario de [[Yazilikaya]].
 
Se a paz se mantén aínda baixo os sucesores de Tudhaliyas, '''[[Arnuwandas III]]''' e logo o seu irmán '''[[Suppiluliumas II]]''', o imperio hitita, minado por de longas fames que provocaron numerosos movementos de poboación que desestabilizaron completamente o Estado, vai debilitarse aínda máis baixo os golpes dos [[Pobos do Mar]] que arrasan toda a rexión. O Imperio Hitita dá sobrevivido a estes, ao contrario que os reinos [[aqueos]] e [[Micenas]], pero en [[-1190]] o Imperio derrúbase baixo os golpes dos [[gasgas]]. [[Hattusa]] e as principais cidades hititas son destruídas e nunca máis se habían levantar.
 
==== Soberanos hititas do Imperio Novo ====
Liña 188:
* 1250 a.C./[[-1210|1210 a.C.]]: [[Tudhaliyas IV]]
* 1210 a.C./[[-1200|1200 a.C.]]: [[Arnuwandas III]]
* 1200 a.C./[[-1190|1190 a.C.]]: [[Suppiluliumas II]]
 
=== Os reinos neohititas ([[-1190|1190 a.C.]]/[[-700|700 a.C.]]) ===
Liña 194:
É nesta mesma época cando os [[frixios]], outro pobo [[pobos indoeuropeos|indoeuropeo]], invaden a meseta central de Anatolia e establecen alí o seu reino e as súas cidades.
 
A civilización hitita sobrevive á caída do seu centro. No sur de Anatolia así como en Siria varios reinos de [[lingua luvita]] son fundados e [[Karkemish]], onde reinan os descendentes da dinastía de Suppiluliumas I, retoma o papel de capital cultural do mundo hitita abandonado por [[Hattusa]].
 
Un número importante de pequenos reinos ve a luz: en [[Capadocia]], unha decena de príncipes alíanse na confederación do [[Tabal]], mentres que ao leste, ao longo do [[Éufrates]], aparecen outros principados: [[Milid]], [[Kummuhu]], [[Gurgum]]. Ao sur, atópanse os estados seguintes: [[Cilicia]], os reinos de [[Ya'diya]] e de [[Karkemish]], [[Pattina]], [[Arpad]], o reino de [[Alepo]], o principado de [[Til Barsid]] e finalmente o reino de [[Hama]].
 
Estes reinos non desempeñan certamente papel político maior ningún, pero prosperan do [[século -XII|século XII a.C.]] ao [[século -XI|IX a.C.]] Os derradeiros non han desaparecer ata entre [[-745|745 a.C.]] e [[-708|708 a.C.]], un tras do outro baixo os golpes dos [[Asiria|asirios]]. O máis poderoso de entre eles, o reino de [[Karkemish]], desaparece en [[-717|717 a.C.]]. É a fin da civilización hitita.
 
== Relixión ==
Liña 225:
=== O templo ===
 
O templo contén, como noutros sitios en Oriente, a estatua que ten dereito a coidados definidos polos rituais. As festas principais teñen lugar na primavera e no outono; nesta ocasión o deus sae do templo. Con frecuencia é levado a un santuario fóra da cidade; os ritos propios a cada divindade acompáñanse entón de sacrificios que dan a ocasión para unha comida en común. Rematan estas festas xogos en forma de competición deportiva e de simulacros de combates, prácticas certamente de orixe indoeuropea, cousa que os relaciona co mundo grego. O culto popular énos practicamente descoñecido. A adiviñación e a maxia desempeñan un papel importante. Os hititas adoptan a práctica da lectura das entrañas, practicada desde tempo atrás en [[Mesopotamia]]. Atopouse un templo, cuxo titular era un adiviño, en [[Emar]], cos seus arquivos e a súa biblioteca. O [[Éufrates]] foi a vía de expansión natural das prácticas culturais da Mesopotamia cara a Siria do Norte e o mundo hitita, e de aí cara o Mediterráneo.
 
== Linguas ==
 
Na historia do reino hitita faláronse numerosas linguas. Pobo [[pobos indoeuropeos|indoeuropeo]], os hititas falaban o [[lingua nesita|nesita]] (ou hitita-nesita), principal representante da rama das [[linguas anatolias]]. Este foi a lingua oficial do Imperio.
 
Ao seu lado atópanse principalmente outras dúas linguas emparentadas: o [[lingua luvita|luvita]] proveniente do sur de Anatolia (Reino de [[Kizzuwatna]]) que será a lingua principal dos reinos neohititas do Norte de Siria e o [[lingua palaíta|palaíta]], falada no noroeste do Hatti. Téñense atopado vestixios doutras linguas anatolias en toda a actual [[Turquía]]: o [[lingua lidia|lidio]] na costa do [[Mar Exeo]], o [[lingua caria|cario]] na costa suroeste, o [[lingua pisidia|pisidio]] e o [[lingua sidética|sidético]] na costa sur.
 
A case totalidade destas linguas indoeuropeas han desaparecer ao mesmo tempo có Imperio. O [[lingua luvita|luvita]] sobrevivirá algúns séculos e será o antecesor do [[lingua licia|licio]].
 
Pero, ao lado das linguas indoeuropeas faladas polos invasores hititas, atopamos na Anatolia dos hititas outros tipos de linguas. Primeiro de todo, a lingua autóctona previa: o [[lingua hatti|hatti]], [[lingua aglutinante]] que se converteu en [[lingua morta]] á chegada dos hititas da que o hitita tomou prestadas numerosas palabras, en particular no ámbito cultural e relixioso, pois foi [[lingua litúrxica]] ao longo do II milenio.
 
Falado no leste de [[Kizzuwatna]], sobre o Éufrates (en particular [[Mitanni]]) e nos países vasalos en Siria, o [[lingua hurrita|hurrita]], outra [[lingua aglutinante]] será cada vez máis empregada polos hititas, en particular no ámbito administrativo e relixioso: isto provén da campaña de hurritización posta en marcha por Suppiluliuma tras a súa profunda reforma ao principio do Imperio.
 
Finalmente tamén está testemuñado o [[lingua acadia|acadio]], lingua diplomática da época, máis concretamente tras o ataque contra Babilonia de Mursilis I. Trátase porén dun uso na correspondencia que non se corresponde probabelmente cun uso da lingua na vida corrente.
Liña 245:
=== Os sistemas de escrita ===
 
Os hititas non tiñan [[escrita]] cando chegaron a Anatolia. Adoptaron naturalmente o [[Sistema de escrita|sistema]] usado localmente, a [[escrita cuneiforme]], que adaptaron á súa lingua. En efecto, a escritura cuneiforme, creada inicialmente para a transcrición do [[lingua sumeria|sumerio]], lingua aglutinante, fora adaptado á transcrición das [[lingua semítica|linguas semíticas]], pero non acaía ben á escritura dunha [[lingua indoeuropea]]. Porén, a escrita cuneiforme utilizouse bastante tardiamente, probabelmente tras as expedicións a Mesopotamia, pois o [[silabario]] empregado é diferente do utilizado anteriormente nas colonias asirias e máis próximo ao empregado en [[Babilonia]].
 
Ao lado da escrita cuneiforme, os hititas utilizaron, principalmente para as inscricións monumentais, unha [[xeróglifo|escrita xeroglífica]]. Os símbolos desta escritura son chamados impropiamente ''[[escritura xeroglífica hitita]]'', pois so en raras ocasións transcriben a lingua hitita: a meirande parte das inscricións monumentais son, en efecto, inscricións en [[lingua luvita|luvita]].
Liña 257:
* Os textos máis antigos son de tipo histórico, crónicas e [[anais reais hititas|anais]], nos que un soberano expuña como se desenvolvera o seu reinado. Aínda sendo as fontes principais de información sobre a época, convén abordalos baixo un ángulo crítico.
* O segundo tipo de textos máis frecuentemente atopados son xurídicos; son códigos de leis hititas, que contan máis de 200 artigos de lei en diversos ámbitos. Estes textos permítenos determinar os fundamentos da sociedade hitita, sen podermos confirmar a súa aplicación real. Quizais se trate de exemplos escolares destinados ao adestramento dos xuristas.
* Unha terceira categoría de textos que se atopan en gran número son os tratados internacionais e as instrucións administrativas, que os hititas consideraban como similares. Tratábase, de feito, de instrucións enviadas aos delegados locais representantes do poder central (gobernadores das cidades ou soberanos dos reinos feudatarios), ou instrucións militares e de alfándegas. Estas últimas, dirixidas aos gardas de fronteira, permitiron delimitar as fronteiras do Imperio Hitita ao longo do tempo. Os tratados internacionais atinxen as relacións coas potencias veciñas: isto permítenos calibrar a importancia deste reino en toda a [[Asia Menor]]. Téñense atopado así intercambios diplomáticos entre o imperio hitita e o [[antigo Exipto|Exipto]] redactados en [[lingua acadia|acadio]]. Esta correspondencia amósanos a existencia de relacións, en xeral cordiais por distantes, e en particular no século - XIV tras o asasinato de [[Tutankhamon]].
* A gran maioría dos 750 textos hititas atopados son relixiosos: unha primeira parte deles son de tipo ritual, empregados en todas as situacións, para pedir a protección dun deus. Son relativamente curtos e compóñense dunha descrición contextual do ritual e unha serie de instrucións. Hai rituais para todo tipo de situacións e o seu número non tería cesado de aumentar no curso da historia. Unha segunda parte destes textos relixiosos son de tipo mitolóxico, baixo a forma de relatos. Están moito menos desenvolvidos que os da [[Grecia Antiga]], e describen o panteón hitita dominado polo deus da Tempestade, e logo unha serie de deuses importantes encargados da agricultura, a guerra etc., e finalmente, os deuses locais ou menores. Unha terceira parte destes textos atinxe a maxia, que engloba tamén a medicina, pois a noción mesma de medicina fai uso de prácticas máxicas que se basean na adiviñación. Estes poderes son patrimonio de mulleres, de bruxas na súa maioría [[luvitas]], encargadas de interpretaren os presaxios. Mesmo hoxe, continúase a atopar documentos hititas en [[Anatolia]].
 
== A sociedade ==
Liña 302:
=== Dereito ===
 
O dereito hitita é bastante mal coñecido. Éo esencialmente por coleccións de leis (dúas táboas atopadas en [[Hattusa]]) e carecemos de documentos da súa práctica, como os contratos. Semella ser un dos máis evolucionados da Antigüidade e é moi antigo, pois data do segundo milenio antes da nosa era. Ao datar do [[século -XIV]], as leis están compostas por un fondo [[consuetudinario]] arcaico, por [[xurisprudencia]] e por leis reais de épocas diferentes.
 
A [[dereito penal|parte penal]] busca máis a reparación do prexuízo sufrido (como a reparación dunha plantación devastada) que vinganza. As disposicións lexislativas poñen o acento sobre a emenda do culpábel, e prevense numerosas compensacións pecuniarias. Prevense as incapacidades temporais de traballo, e o responsábel debe suplir a vítima, en persoa ou por un escravo e paga tamén o médico e unha indemnización. As compensacións pecuniarias son menos elevadas se o crime se comete contra unha persoa do común.
Liña 310:
[[dereito civil|Civilmente]], a muller goza dun estatuto privilexiado para a época. É certo que o matrimonio se concertaba por compra ou rapto. Neste caso está ademais prevista unha indemnización á familia, pero o [[divorcio]] e a [[violación]] están recoñecidos, estando esta última castigada coa morte, e a [[rei|raíña]] lexítima goberna na ausencia do rei. Con todo, a ausencia de documentos que proben a aplicación dos textos modera a análise que se pode facer destas disposicións.
 
No ámbito do [[dereito internacional]], tras o resultado nulo da [[Batalla de Qadesh]], [[Ramsés II]] e [[Hattusilis III]], os dous temerosos do aumento do poder de [[Asiria]], asinan o primeiro [[tratado internacional]] coñecido da historia. Felizmente, chegaron ata nós as dúas versións deste documento e podemos descubrir nel un pacto de non agresión, de asistencia mutua e mesmo cláusulas mutuas de extradición de refuxiados.
 
[[Ficheiro:Hattusa.king.jpg|miniatura|Baixorrelevo do rei [[Suppiluliumas II]], cámara dos xeroglíficos, [[Hattusa]], Turquía]]
 
== Arte ==