Patacas frixidas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de en.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
== Historia ==
Unha das primeiras mencións do prato dáa [[Francisco Núñez de Pineda y Bascuñán]] na súa obra ''Cautiverio feliz'' (1673) onde na comida que ofrece a dous caciques di que as mulleres "enviaban as patacas frixidas e guisadas".<ref>[http://books.google.cl/books?id=f3ACAAAAYAAJ&hl=es&pg=PA508&q=papas%20fritas&f=false#v=snippet&q=papas%20fritas&f=false Colección de historiadores de Chile]</ref> Porén, non é probable que fosen cortadas ou feitas en dados ou noutra forma e seguramente frixíronse en unto, como era costume nesa época. En calquera caso, o documento demostra que esta forma de preparar as patacas xa era habitual na América do século XVII.
 
A orixe da pataca frixida cortada en forma de bastón está disputada entre [[Bélxica]] e [[Francia]]. Dise que a finais do século XVIII sobre o Pont-Neuf de París se instalaban vendedores que as preparaban á vista dos clientes.<ref>[http://www.lanacion.com.ar/1278256-anecdotas-leyendas-y-recetas-curiosas Anécdotas, leyendas y recetas curiosas]</ref>
 
As patacas frixidas tipo ''chips'', é dicir, as que están cortadas en forma redonda e delgada, xurdiron no restaurante Moon Lake Lodge's, en [[Saratoga Springs, Nova York]] en 1853.<ref>[http://www.madehow.com/Volume-3/Potato-Chip.html How potato chip is made]</ref> O chef do restaurante, George Crum, ante as continuas queixas dun cliente habitual que sempre lle recriminaba que non cortase as patacas frixidas suficientemente estreitas, decidiu darlle unha lección cortándoas excesivamente delgadas, de xeito que non puidesen pincharse co garfo. O resultado foi inesperado, e o cliente quedou sorprendido e satisfeito. Os clientes comezaron a pedir aquela nova especialidade á que bautizaron ''Saratoga Chips''.<ref>[http://www.civilwarinteractive.com/Potato.htm]</ref> O éxito creceu e en 1920 inventouse a primeira máquina mondadora de patacas.
 
== Notas ==