Carlos Casares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
m Engado unha das imaxes que subín a Commons co gallo do Día das Letras Galegas
Petillés (conversa | contribucións)
m Elimino os enlaces externos a imaxes non libres, agora que xa as hai en Commons
Liña 46:
 
Fillo dunha familia con grandes vencellos relixiosos (con varios cregos, o [[arcebispo]] [[Enrique Pérez Serantes]] entre eles), Carlos será enviado ao [[Seminario conciliar de Ourense|seminario de Ourense]] onde cursou Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos viviu unha forte represión lingüística que espertou no autor un espírito inconformista, chegando a aparecer a súa primeira experiencia literaria, o xornal ''El averno'', que difundía de forma clandestina.<ref name="UNHADUCIA">{{Cita libro |autor={{Versaleta|[[Víctor Freixanes|F. Freixanes, V.]]}} |ano=1976 |capítulo=Carlos Casares. Os dereitos do escritor |páxinas=273–294 |url=http://image.anobii.com/anobi/image_book.php?item_id=011974365fc2baddd8 |título=Unha ducia de galegos }}</ref> Como consecuencia disto, abandonou o seminario e cursou os estudos de [[bacharelato]] por libre, o cal lle facilitou unha chea de horas de liberdade que investiu no que foron os comezos da súa creación literaria. Así, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad na capital ourensá, o que lle deu a posibilidade de coñecer o intelectual galeguista [[Vicente Risco]],<ref name="RAG2017DLG"/> e comezou a asistir ó seu faladoiro no café Parque.<ref name="EGU"/>
<!--{{ multimedia externa
| align =
| width =
Liña 53:
| image3 = [http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/07/09/00121468062601853313468/Foto/v20y0021.jpg lavozdegalicia.es]
| image4 = [http://www.elcorreogallego.es/img/noticias/20160709/carlosc0_753304_manual.jpg elcorreogallego.es]
}}-->
Rematados os estudos, instalouse en Santiago de Compostela onde comezou a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en Filoloxía Románica,<ref name="RAG2017DLG"/> entre os anos 1961 e 1967. Na [[universidade]] entrou en contacto con [[Arcadio López-Casanova]], e grazas a el coñeceu a Ramón Piñeiro, que exerceu unha grande influencia sobre el, ligándose así no núcleo da [[cultura de Galicia|cultura galega]] antifranquista. Porén, non todo se reducía ao labor cultural. Carlos Casares formou parte tamén de ADE (Asociación Democrática de Estudiantes) e FELIPE ([[Frente de Liberación Popular]]) onde, segundo o propio autor, “descubrín o [[marxismo]], e sentíame marxista”. Nestes anos de universidade tampouco descoidou o eido literario. Publicou varios relatos na revista ''[[Grial (revista)|Grial]]'' no ano 1965, e en 1967 saíu do prelo a súa primeira obra, ''Vento ferido'', publicada por [[Editorial Galaxia]] na colección «Illa Nova».<ref name="RAG2017DLG"/>