Concubinato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Referencia 1
Jglamela (conversa | contribucións)
Imaxe e arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:The Fourth Concubine of Hexing.jpg|miniatura|''Retrato dunha concubina'', do pintor [[Lam Qua]] (1864)]]
'''Concubinato''' é a [[relación marital]] de dúas [[Persoa|persoaspersoa]]s sen estar unidos en [[Matrimonio|vínculo matrimonial]]. O termo ''concubina'' xeralmente indica relacións matrimoniais en curso onde a muller é de menor posición social que o home ou que a esposa ou esposas oficiais. Existen dirixentes na historia de [[Asia]] e de [[Europa]] que tiñan tanto concubinas como esposas.
 
Á beira da unión matrimonial, que é o acto e estado xurídico recoñecido polo dereito como xerador de efectos non só respecto da parella e dos fillos, senón tamén en relación con outros parentes, déronse e existen actualmente outras unións máis ou menos permanentes que se asemellan ao matrimonio, pero ás cales o dereito non lles recoñeceu efectos, ou ben o fixo en termos moi limitados. Unha unión con estas características é o concubinato, que podemos entender como a unión libre e duradeira entre un home e unha muller que viven e cohabitan coma se estivesen casados e que pode ou non producir efectos legais.<ref>BAQUEIRO ROJAS, Edgard., BUENROSTRO BÁEZ, Rosalía. Derecho de Familia y Sucesiones. Ed. Harla. México, 1990. Páx. 121</ref>
Liña 15 ⟶ 16:
Un [[celibatario]] podía tomar por concubina a calquera das mulleres que se consideraban de inferior condición e que segundo as leis civís non podían aspirar á honra do [[matrimonio]]: tales eran que gañaban a súa vida mediante o seu traballo, as de baixa extracción social, as [[Escravitude|escravas]], as condenadas en xuízo público, e outras semellantes. Moitas veces sucedía que un pai de familia que servira ben á patria dándolle fillos nados de lexítimo matrimonio, prefería asociarse unha concubina antes que tomar nova esposa, por non expolos aos caprichos dunha madrastra e quitarlles a esperanza de levar eles sós toda a sucesión. Así é que o emperador [[Vespasiano]], despois da morte da súa muller, restituíu ao seu primeiro estado a Genis, liberta de Antonia e tomouna pola súa concubina, téndolle todos os miramentos debidos a unha muller lexítima. Este exemplo foi imitado polos emperadores [[Antonino Pío]], e [[Marco Aurelio|Marco Aurelio Antonino]], chamado ''o Filósofo'' dos cales o último, perdendo á a súa muller, elixiu por concubina á filla do intendente da súa casa, ''ne tot liberis novercam tuparduceret.'' Este modo de vivir non se consideraba ilícito nin contrario aos costumes, senón só como unha unión desigual, pois as concubinas estaban privadas da dignidade e vantaxes de que gozaban as mulleres enlazadas por matrimonio, e os seus fillos non eran ante a lei senón fillos da natureza, chamados naturais, sen poder herdar máis que a sexta parte dos bens do pai.<ref name="jurisp" />
 
Aínda despois da introdución do [[cristianismo]] continuouse o costume de tomar concubinas, permitíndoa os emperadores cristiáns con tanta liberdade, que non deron ningunha lei directa para impedila. Antes pola contra [[Xustiniano I]] chama ao concubinato unha unión lícita, engadindo que pode vivirse nel sen ofensa nin menoscabo do pudor, ''in eaque caste vici posse.'' [[Agostiño de Hipona|SanSanto Agostiño]], con todo, reproba as concubinas, dist. 24:
:: ''Audile, carissimi, competentibus dico fornicari vobis non licet: sufficiant vobis uxores; et si non habetis uxores, tamen non vobis habere concubinas''.
E o [[concilio de Trento]] na sesión 8ª ameaza aos concubinarios co raio da [[excomuñón]] se non mudan de conduta inmediatamente.<ref name="jurisp" />
 
=== España ===
En España houbo unha época en que as leis toleraron aos eclesiásticos as [[Barrega|barregasbarrega]]s ou concubinas e non lles permitían mulleres lexítimas talvez porque se cría que estas os distraerían das súas funcións máis que as mancebas, coas cales non estaban ligados dun modo indisoluble, pois as podían deixar cando quixesen ou o esixise o ben da igrexa.<ref name="jurisp" />
 
== Na Biblia ==