Diferenzas entre revisións de «Lingua abkhaza»

Os abkhazos habitan o mesmo territorio dende hai milleiros de anos. As primeiras referencias históricas sólidas dos proto-abkhazos veñen de historiadores gregos e romanos: [[Hecateo de Mileto]], [[Estrabón]], [[Plinio o Vello]]. Os [[Grecia|gregos]] estableceron unha colonia nas súas costas, Apsilia no século [[-VI|VI a.C]], de onde vén '''Apsny''', o nome que dan os abkhazos ao seu país. As tribos proto-abkhazas organizaron os seus propios principados no século [[-I|I a.C]], no [[século IV]] únense no principado de Cazika, autónomo dentro do [[Imperio Bizantino]]. Abkhazia incorpórase a Xeorxia no ano [[978]]. Ata comezos do século XIX toda a poboación de Abkhazia era de lingua abkhaza, agás unha pequena minoría de [[lingua grega]]. En [[1810]] o tsar [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] impón o protectorado ruso en Abkhazia, aumentando progresivamente o seu control ata que despois das [[guerras caucásicas]] (1864) o país incorporouse ao [[Imperio Ruso]], en [[1866]] os abkhazos subleváronse, a súa derrota supuxo o exilio da metade dos abkhazos ao [[Imperio Otomán]], entre 1866 e 1878 calcúlase que entre 70.000 e 120.000 abkhazos deixaron as súas terras, entregadas a colonos rusos. En [[1897]] só 58.700 abkhazos permanecían en Abkhazia e o abkhazo deixou de ser a lingua das cidades. A época [[Unión Soviética|soviética]] supuxo o comezo do uso público e escrito da lingua abkhaza.
 
En abril de [[1930]] Stalin integrou Abkhazia en Xeorxia como unha república autónoma, o proceso de normalización da lingua abkhaza paralizouse, oficializouse un novo alfabeto xeorxiano, restrinxiuse o uso do abkhazo na administración e na educación ( no curso [[1945]]-[[1946]] púxose fin á escolarización en abkhazo, establecida en [[1932]]) a favor do [[xeorxiano]] e favoreceuse a emigración de [[pobo mingreliano|mingrelianos]], que pasaron de 3.500 en [[1886]] a 300.000 en [[1935]].
 
En [[1978]] o goberno xeorxiano estableceu o xeorxiano como única lingua oficial abkhaza, como reacción 130 dan a coñecer un manifesto para integrar Abkhazia en Rusia, mentres reclamaban a oficialidade do abkhazo en Abkhazia, as autoridades soviéticas rexeitan o chamamento, pero fan concesións culturais e económicas, entre elas a creación de programas de [[televisión]] en abkhazo, a transformación do Instituto Pedagóxico de Sukhumi na Universidade de Sukhumi, o reforzamento da prensa en abkhazo, a reserva dun 40 % da administración gobernamental e xudicial de Abkhazia para os abkhazos e o mantemento do abkhazo como lingua oficial.
284.242

edicións