Fermin Muguruza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 127:
A AVT esgrimiu como proba a canción «[[Sarri, Sarri]]», un dos grandes éxitos de Kortatu (de 1985). A súa letra celebraba a fuxida do cárcere de [[Martutene]] de [[Joseba Sarrionaindia]] e de [[Iñaki Pikabea]], condenados pola súa pertenza a ETA. Finalmente, Fermin Muguruza foi denunciado pola AVT e a ''Plataforma Convivencia Cívica Catalana'' ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por apoloxía do terrorismo. Máis tarde, Manu Chao ironizaría con respecto á denuncia:
 
<nowiki>{{Cita|«[...] La citada canción es del primer disco de Kortatu compuesta hace 18 añosanos sin que hasta el día tengamos constancia que se haya interpuesto denuncia por ello. A pesar del tono de las declaraciones de Fermin y Manu parece que la AVT o la plataforma Convivencia "Cívica" Catalana se personaron en el concierto de Rubí y sólo pueden "agarrarse" para mantener sus "tesis" que Fermin cantó "Sarri-Sarri", por otra parte coreado en la sala sin que tampoco hayan denunciado a los asistentes del concierto por co-autores o colabores necesarios.»</nowiki>
 
Desde entón Fermin Muguruza sufríu un boicot xunto con outros grupos vascos como [[Soziedad Alkoholika]] ou [[Su Ta Gar]], debido ás presións da AVT, malia as súas reiteradas declaracións de non estaren de acordo coa loita armada de ETA:
Liña 145:
A segunda parte da xira levou á Kontrabanda por todo o mundo. Arrancou o 24 de febreiro en Toulouse, e os levou por Europa, [[Uruguai]], [[Arxentina]], [[Chile]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], Xapón e Canadá, así como por diferentes localidades españolas. A entrada a EE.UU. resultou difícil, ó non obteren os visados ata dúas semanas antes das súas actuacións no ''Sierra Nevada World Music Festival'' (en Angel's Camp, [[California]]) e no Fillmore de [[San Francisco]]. En Xapón actuaron de novo no ''Fuji Rock'' e no ''Radical Music Network Festival''. Tamén acodiron a [[Roskilde]] ([[Dinamarca]]), onde participaron no prestixioso [[Festival de Roskilde]].
 
O 22 de maio conseguiron tocar en Madrid, no concello de [[Rivas Vaciamadrid]], mercede ó apoio do concello. O concerto, ó igual que os que xa dera en 2002, enmarcouse nunha campaña para festexar o vinte aniversario do levantamento do [[EZLN]]. A Kontrabanda tocou en compañía de dúas bandas locais: as hiphopeiras BKC e [[Desechos]] (banda que xordeu das cinzas de Hechos Contra el Decoro). 24 horas antes do concerto e con 2.000 entradas vendidas, o Goberno da [[Comunidade Autónoma de Madrid]], a través da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e de Política Interior, decretou a prohibición do concerto argumentando que «o concerto vulnera os valores e normas de convivencia propugnados na nosa Constitución». Malia todo, o concerto acabouse realizando, o que lle valeu ó Concello de Rivas unha multa de 30.000 euros. A asociación cultural Ladinamo (organizadora do concerto) lanzou un comunicado buscando apoio fronte á ameaza de multa que se cernía sobre ela. Meses máis tarde, a Comunidade de Madrid notificou á asociación a apertura dun expediente de sanción que podería comportar unha multa de entre 30.000 e 300.000 euros, o peche do seu local entre seis meses e dous añosanos, e a prohibición de realizar actividades de calquera tipo.
 
Durante a xira Fermin declarou sentirse canso da dinámica «disco-xira», e anunciou o seu último concerto para o 16 de agosto dentro da [[Semana Grande de Bilbao]]. Ó concerto acudiron máis de 20.000 persoas.