Fermin Muguruza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 114:
[...] por otro lado he recibido el apoyo de cientos de periodistas y músicos del Estado español que se han estado solidarizando conmigo y de hecho también con lo que dije... Que fue denunciar el cierre del periódico Egunkaria por las armas, pues así fue. Allí mismo también hubo gente que aplaudió... [[Ojos de Brujo]] o Diego Manrique. Y ahora estoy recibiendo cartas de [[Andrés Calamaro]] o de otro montón de músicos que están escribiéndome y diciéndome "que vergüenza el panorama de los músicos que estuvieron el otro día presentes en la sala y que se pusieron a abuchear".»}}
 
Debido ó embarazo de Eva Reina, Fermin pospuxo a presentación do disco en directo. Non habería xira polo momento, aínda que si algúns concertos illados. O primeiro tivo lugar o día que recolleu o premio da SGAE. Presentouse no centro Social Okupado El Laboratorio de Madrid xunto a «Papuchi» e Begoña Bang Matu e improvisaron un concerto. A nova banda de Fermin ('''[[Fermin Muguruza kontrabanda]]''') estaba formada por Mikel Abrego (batería), «Papuchi» (guitarra), Eva Reina (coros e teclados), Andrés Belmonte (baixo), Begoña Bang Matu (coros), Sorkun (coros), Jon Elizalde (trombón), Igor Ruiz (saxo), Aritz Lonbide (trompeta), Kristina Solano (trikitixa) e DZ (platospratos e ''scratchs''). Os primeiros concertos da banda foron no festival ''Bizi Gara'' («Estamos Vivos») xunto a Sorkun, [[Kuraia]], [[-Gailu]] e [[Bad Sound System]]. Os concertos tiveron lugar a finais de novembro de 2002 en Hazparne (País Vasco francés) e Donostia. O 23 de novembro, aproveitando uns ensaios en Madrid, a Kontrabanda realizou un concerto sorpresa na Sala Caracol con motivo do «Aguascalientes [[EZLN|Zapatista]]» que se estaba celebrando na cidade. Ó día seguinte, Fermin participou na presentación da revista zapatista ''Rebelión'' xunto a Manu Chao, director da mesma, e [[Fernando León de Aranoa]]. O 5 de decembro volveron a actuar no Festival Transmusicais de Rennes, na Bretaña. Foi o último concerto, polo momento, da Kontrabanda.
 
Co disco terminado foi invitado por Raúl Fernández (do grupo [[Refree]]) a interpretar un tema xunto coa orquesta '''The Rockdelux Experience''' nun concerto que se ía ofrecer o 30 de outubro para celebrar a edición do número 200 da revista ''Rockdelux''. O concerto consistiu nunha selección de 19 cancións interpretadas por The Rockdelux Experience e cantadas por diferentes músicos como [[Nacho Vegas]], Fernando Alfaro (de [[Chucho (grupo)|Chucho]]), J (de [[Los Planetas]]) ou Miguelito «Superstar» e Paquito «Sex Machine» (da [[Fundación Tony Manero]]). Pola súa parte, Fermin interpretou o tema «Neskak Zero Katea Ikusten Du», versión en euskera de «She Watch the Channel Zero?!» de [[Public Enemy]], que xa fixera Negu Gorriak no disco ''Salam Agur''. O concerto editouse nun CD que acompañou ó número 209 da revista: ''The Rockdelux Experience. 30.10.2002'' (Sinedín-Rockdelux, 2003).
Liña 160:
O 22 de outubro aparece como '''Fermin Muguruza Trio Akustikoa''' xunto a [[Xabi Solano]] (trikitixa) e Jon Elizalde (trombón) nun concerto homenaxe ó recentemente falecido [[Laurel Aitken]] en [[Bolonia]] (Italia).
 
A finais de 2005 aparece un novo proxecto, '''Basque Fire Department''', co que dá tres concertos. O primeiro é na festa do sexto aniversario de Bonberenea (casa [[okupación|okupada]] de [[Tolosa, Guipúscoa|Tolosa]]), o segundo co gallo do décimo aniversario do Kafe Antzokia de Bilbao, e o terceiro na sala Arkupe de [[Aoiz]], unha vila amenazada polo [[Pantano de Itoiz]]. Forman parte do novo proxecto [[Xabi Solano]] (trikitixa), Jon Elizalde (trombón), Sorkun (voz), Mikel Abrego (batería), DZ (platospratos e ''scratcs'h') e Iñigo Muguruza (guitarra).
 
=== Por fin en Xamaica: Euskal Herria Jamaika Clash ===