Fermin Muguruza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 85:
Para presentar o disco en directo, Fermin formou a '''[[Fermin Muguruza Dub Manifest]]''', banda de apoio formada por músicos de diferentes países, a maioría dos cales xa colaboraran na gravación de ''Brigadistak Sound System'': [[Sorkun]] (coros, ex-vocalista do grupo de punk-rock vasco [[Kashbad]]), Mikel Abrego (batería de [[BAP!!]], [[Nación Reixa]] ou [[Negu Gorriak]]), Oskar Benas (guitarra), Hugues Schecroun (teclados, membro da banda francesa [[Spartak Dub International]]), Brice Toutoukpo (baixo, tamén de Spartak Dub International), Stefano Cecchi (trompeta do grupo italiano de reggae [[Ramiccia]]), e Francesco "Sandokan" Antonozzi (trombón, tamén de Ramiccia). Con eles iniciou unha xira que os levou por diferentes lugares do estado, así como a Italia, Francia ou Os Ánxeles.
 
Con esta mesma banda gravou o seu segundo traballo en solitario: ''[[FM99.00 Dub Manifest]]'' (2000). O disco adentrouse nos terrenosterreos da [[música electrónica]] e o [[drum and bass]] sen perder o reggae e o ska como bandeira. As colaboracións son tamén destacadas, como as de Magyd Cherfi e Mustapha Amokrane (do grupo Franco-[[alxeria]]no [[Zebda]]) en «Bere-Bar», [[Selektah Kolektiboa]] (grupo pioneiro en facer [[hip-hop]] en euskera) en «Diru espainol zikina» ou Nacho Murgui (ex-vocalista de Hechos Contra el Decoro) en «Radical chic».
 
A banda iniciou unha nova xira europea, e chegou a tocar por primeira vez en [[Xapón]] (no Festival Fuji-Rock) e en [[Quebec]] (no Fortuna Reggae Festival). Ó terminar a xira de 2001, desintegrouse a Dub Manifest e Fermin comezou a preparar novos proxectos, incluída unha reunión de Negu Gorriak.
Liña 107:
A gravación realizouse nos [[Estudios Garate]], con Kaki Arkarazo como produtor. Tras tres semanas iniciouse a masterización nos Estudios Translab de [[París]], controlada por Pompon Filkenstein. O disco, chamado ''[[In-komunikazioa]]'', apareceu en outubro da man dun novo subselo de Metak: '''Kontrakalea Ekoizpenak''', que daquí en adiante publicaría tódolos traballos de Fermin e de músicos baixo a súa tutela (os discos en solitario de Sorkun e Áfrika, a banda de rap do País Vasco francés MAK, ...).
 
O disco partía das bases de ''FM99.00 Dub Manifest'', pero introducíndose en terrenosterreos máis reggae («Zubizuria», «Beti izango dugu Bilbao», «Bidartean») e soul («Azperena», «Armagideon tenoreko aztarnak»), o que, xunto coas súas letras, deulle un toque máis intimista e sosegado. Aínda así, tamén conta cun drum'n'bass («Leonard Peltier free») e con temas máis bailables como «Hiri debekatura bidai txartela» con elementos do [[funk]]. Como é habitual, aparecen varias colaboracións, como a rapeira [[Arianna Puello|Ari]], [[Rude]] ou [[Áfrika]].
 
O disco foi moi ben recibido pola crítica (obtivo o posto número 12 na lista de «Mellores Discos Nacionais de 2002» de ''Rockdelux'') e Fermin gañou de novo o premio á «Mellor Canción en Euskera» na VII Edición dos Premios da Música con «In-komunikazioa». Esta vez, Fermin si acudiu a recoller o premio cunha idea na cabeza: dedicarllo ós traballadores do periódico ''[[Euskaldunon Egunkaria]]'' pechado pola súa presunta relación con [[ETA]], solidarizándose así con eles. A dedicatoria non sentou ben a un sector do público asistente á gala, que empezou a asubiar e apupar ó músico. Na rolda de prensa posterior sufriu tamén o ataque de varios xornalistas, pero tampouco faltaron as mostras de solidariedade dalgúns dos asistentes ó acto:
Liña 163:
 
=== Por fin en Xamaica: Euskal Herria Jamaika Clash ===
Durante 2005 Fermin compón novos temas para un novo disco que pretende gravar en [[Xamaica]]. Para is, Muguruza entra en contacto con [[Clive Hunt]], histórico da música xamaicana, mercede á mediación do produtor francés [[Pierre Paparemborde]] (que actuará como produtor executivo). Clive Hunt prepara o terrenoterreo para a gravación e en xaneiro de 2006, Muguruza viaxa a Xamaica xunto a Xabi Solano ([[trikitixa]]), Jon Elizalde (trombón) e Xabi Peri (programación, guitarra) para gravar un novo álbum. Hunt pon en contacto ós músicos vascos coa comunidade xamaicana, encargándose de levalos ó estudio, a concertos e de presentarlles ós [[Músico de sesión|músicos de sesión]] cos que realizarán a gravación. Estes serán Uzziah «Sticky» Thompson (percusións), Daniel «Axe Man» Thompson (baixo), Wayne «C#» Clarke (batería), Frankin «Bubler» Thompson (teclados), Wayne Armond (guitarra), Dean Fraser (saxo) e David Madden (trompeta). Todos son reputados músicos de sesión, que traballaron con [[Skatalites]], [[Rita Marley]], [[Jimmy Cliff]], [[Shaggy]] ou [[Steel Pulse]]. O disco grávase nos estudios Tuff Gong International e se mestura nos estudios Big Yard. Como vén sendo habitual nos seus discos, aparecen un montón de colaboradores de primeira orde da música xamaicana: as I-Threes (Rita Marley, Marcia Griffiths e Judy Mowatt), [[Luciano (músico de reggae)|Luciano]], [[U-Roy]] ou [[Toots Hibbert]].
 
Unha vez gravado o material, Fermin repite nos estudios Translab con Pompon Filkenstein, para a masterización final. En maio aparece ''Euskal Herria Jamaika Clash''. Debido a que a discográfica independente Metak, coa que Muguruza viña editando tódolos seus discos, pechou por problemas económicos, Fermin crea unha nova plataforma autoxestionada para editar o seu novo disco: '''[[Talka|Talka Records]]'''.