Televisor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 201.134.6.242 (conversa); cambiado á última versión feita por CommonsDelinker
Liña 7:
[[Ficheiro:Höritz Museum - Fernseher Tesla 40001A.jpg|miniatura|Primeiro televisor fabricado na antiga [[Checoslovaquia]] (1953)]]
 
Os primeiros televisores comerciais electrónicos feitos con tubos de raios catódicos fabricounos [[Telefunken]] en [[Alemaña]] en [[1934]], logo seguiron [[Francia]] e o Reino Unido en 1936 e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en 1938, pero os aparellos eran caros, había poucas canles de televisión e as emisións eran moi limitadas, así en 1945 apenas había 7000 televisores nos Estados Unidos <ref>[http://www.high-techproductions.com/historyoftelevision.htm The History of Film, Television & Video]</ref>. Despois da [[Segunda Guerra Mundial]] por mor do avance na tecnoloxía debido ás investigacións que se iniciaran pola guerra e a baixada dos prezos polo comezo da produción masiva, aumentaros os fogares que tiñan un televisor, estímase que en [[1948]] había 48.000 nos Estados Unidos<ref>''The Encyclopedia Americana''. New York: Scholastic Library Publishing, 1984, p. 433</ref> que xa eran case 6 millóns en [[1950]]<ref>''The World Book Encyclopedia''. Chicago: World Book Inc., 2003, páxina 119</ref>. Aínda que as primeiras transmisións en cor datan de 1928, pero a fabricación industrial de televisores en cor comezou, nos Estados Unidos, en [[1954]], popularizándose nese país na de 1960 e na de 1970 en [[Europa]]. O [http://alcampocatalogo.com/tag/alcampo-televisores televisor] nos primeiros tempos era un obxecto de luxo, de feito a maioría localizábanse en lugares públicos especialmente [[Bar (establecemento)|bar]]es, [[restaurante]]s e [[hotel|hoteis]], aqueles que estaban nos fogares indicaba un alto status do seu dono e polo tanto tendíase a colocar na parte casa máis visible ás visitas, o [[salón]], a medida que se ía popularizando a tendencia era a colocala no [[comedor]], a parte da casa na que a familia estaba máis tempo xunta, e a finais do século XX eran habituais nas [[cociña]]s e dormitorios de moitas casas <ref>Jennings Bryant, J. Alison Bryant. ''Television and the American family'', p. 8</ref>. Nun principio recibíase o sinal a través de [[antena de televisión|antenas]] interiores, coñecidas popularmente como ''os cornos'', que polo xeral se colocaban enriba dos televisores, co tempo pasaron a se colocar no exterior, xeralmente no tellado, dando cobertura a todos os veciños dun inmoble. O [[mando a distancia]], desenvolvido para os televisores a partir de 1950 e popularizado a finais da década de 1970 e comezos da de 1980, permitiu interactuar desde o sofá cos televisores sen tocalos fisicamente.
 
== Pantallas ==