Fermin Muguruza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m recadar por recaudar
m persoa em troques de persona
Liña 55:
 
[[Ficheiro:Fermin Muguruza-Negu Gorriak.jpg|miniatura|esquerda|Fermin Muguruza durante un concerto de Negu Gorriak en Pamplona en 1992.]]
En 1993 apareceu a mellor obra do grupo, o doble vinilo ''[[Borreroak Baditu Milaka Aurpegi]]''. Mesmo xornais conservadores como ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' ou ''El Correo Español'' mostraron eloxios respecto ó novo álbum de Negu Gorriak. ''Rockdelux'' volveu premialos como mellor discos estatal e co posto 30 na lista de «Los 100 mejores discos españoles del siglo XX». O grupo embárcase en [[Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93]], unha nova xira (a máis longa da súa historia) que os levou pola [[República Checa]], Italia ou [[Alemaña]], terminando o 30 de outubro en [[Bilbao]] ante 9.000 personaspersoas. O concerto gravouse e editouse en LP e CD baixo o título ''[[Hipokrisiari Stop! Bilbo 93-X-30]]''.
 
En maio dese ano o [[Tenente Coronel]] da [[Garda Civil]] [[Enrique Rodríguez Galindo]] demandou a Negu Gorriak por un delito de «daños al honor y difamación del buen nombre». O motivo foi a canción ''[[Ustelkeria]]'' (do disco ''Gure Jarrera''), na que Negu Gorriak, baseándose nun informe do fiscal donostiarra Luis Navajas, acusaron ó Coronel de [[narcotráfico]]. Galindo exixiu un pago de 15 millóns de pesetas (90.000 euros), ademais de non poder tocar a canción en directo, nin incluíla en futuras reedicións de ''Gure Jarrera''.
Liña 73:
 
=== ''Brigadistak Sound System'' e ''Dub Manifest'' ===
En 1999 apareceu o seu primeiro disco en solitario, ''[[Brigadistak Sound System]]''. Nel mestúranse reggae, ska, rock e [[jungle]], con algúns elementos de [[raggamuffin]] ou [[Salsa (xénero musical)|salsa]], e participando multitude de artistas internacionais. O disco iniciouse cunha colaboración entre Fermin e os [[Venezuela|venezolanos]] [[Desorden Público]]. Así, cada canción está gravada nun punto diferente do planeta, desde [[Roma]] ata [[Caracas]], pasando polos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[París]], [[A Habana]] ou [[Barcelona]]. Neste disco Fermin non contou cunha banda fixa (o que será habitual nos discos posteriores), senón que cada canción estaba gravada con diferentes bandas e músicos, como [[Banda Bassotti]], [[Hechos Contra el Decoro]], [[Manu Chao]], Amparo Sánchez (de [[Amparanoia]]), Angelo Moore (de [[Fishbone]]), o grupo [[cuba]]no [[Los Van Van]] ou os arxentinos Todos Tus Muertos. O propio nome fai referencia ás diferentes personaspersoas que se involucraron, ó modo duns «Brigadistas Internacionais do Son». As mesturas finais realizáronse nos [[Estudios Katarain]] ([[Azkarate]], [[Navarra]]) de man de Kaki Arkarazo.
 
A temática do disco é bastante heteroxénea. Desde unha perpectiva abertzale («Harria») pero sen perder o internacionalismo («Brigadistak»), Fermin toma a palabra («Hitza Har Dezagun») e se converte nunha «nación andante» («Nazio Ibiltaria Naiz»), reclamando os dereitos dos pobos oprimidos («Newroz», «Maputxe») e arremetendo contra os poderosos, as súas institucións e o seu «mirar para outro lado» («Puzka» ou «Urrun»). Non faltan versións, como ''54-46, That's my number'' dos seus admirados [[Toots and The Maytals]] («54-46») ou do poema do escritor vasco [[Joseba Sarrionaindia]] («Eguraldi Lainotsua Hiriburuan»). Tamén, á parte do euskera, apareceron no disco multitude de linguas, desde o [[Lingua castelá|castelán]] ó [[Lingua francesa|francés]], pasando polo [[Lingua aragonesa|aragonés]], [[Lingua catalá|catalán]], [[Lingua mapuche|mapuche]], [[lingua curda|curdo]], ou [[Lingua inglesa|inglés]] entre outros.
Liña 94:
 
=== Negu Gorriak: a vitoria é nosa ===
O 7 de xuño de 2000 o [[Tribunal Supremo]] absolveu a Negu Gorriak de tódolos cargos ó considerar que a querela de Galindo estaba mal plantexada. Os avogados deste non recurriron, e Negu Gorriak anunciou en xaneiro de 2001 a vitoria sobre o Garda Civil e a celebración de dous concertos como despedida final e agradecemento a todo o apoio recibido durante o proceso. Os concertos tiveron lugar en febreiro, en [[Baiona]] ante 4000 personaspersoas e no velódromo de Anoeta en [[Donostia]] con 13.000 siareiros. Debido á venda masiva de entradas (agotáronse en menos dun mes) e á expectación creada, o grupo anunciou que realizaría dous concertos en Anoeta. Ademais, reeditouse ''Ustelkeria'' para a súa venda en tendas. Arredor de 30.000 personaspersoas foron testemuñas dos tres últimos concertos de Negu Gorriak.
 
A reagrupación de Negu Gorriak fixo que os italianos Banda Bassotti, disoltos en 1994, se reagrupasen tamén para tocar como abreconcertos. Con estes concertos a Banda Bassotti comezou a publicar novos discos. O primeiro deles, ''[[Un Altro Giorno D'Amore]]'' (Gridalo Forte, 2001) é un doble CD gravado en directo no concerto no Centro Social Okupado ''Villaggio Globale'' de Roma. Neste concerto apareceu Fermin e interpretou con eles os temas de Kortatu «La línea del frente» e «Zu Atrapatu Arte».
Liña 140:
Unha vez terminada a xira Jai-ALai Katumbi Express e recuperada Eva Reina do seu parto, a Fermin Muguruza Kontrabanda puxo en marcha o '''Komunikazioa Tour'''. A ''trikitilari'' Kristina foi substituída por [[Xabi Solano]]. Os primeiros concertos son o 28 de setembro en Artozki e o 22 de novembro nos campamentos de refuxiados [[saharaui]]s de [[Tinduf]] (Alxeria), no marco do Sahara Festival.
 
O 27 comezou unha accidentada xira por España. A AVT continuou coa súa política de presión ós diferentes concellos e salas de concertos que programaban a Muguruza, conseguindo que se suspendesen os concertos de [[Logroño]], Asturias, Murcia, [[Valencia]], [[Castelló]], [[Huesca]], [[Zaragoza]] e Madrid. En moitos casos a banda puido actuar co apoio dos propios concellos, como en Córdoba e Mérida. Nos casos de Madrid e Valencia, foron suspendidos debido ás ameazas de grupos de [[ultradereita]] contra os propietarios das salas Repúblika (Valencia) e Caracol (Madrid). As ameazas de grupos de extrema dereita non eran novas, en 2001, detivérase un grupo de personaspersoas ás que lles explotou accidentalmente un artefacto explosivo de fabricación caseira que pensaban detonar durante un concerto de Fermin Muguruza. En 2005 os acusados foron condenados a seis anos de prisión pola Audiencia de Barcelona. A primeira parte da xira termina con dobrete en Barcelona. Testemuña da xira é o disco en directo ''[[Sala Apolo, Barcelona 21/01/04]]'' (Kontrakalea-Metak, 2004).
 
[[Ficheiro:Muguruza.jpg|miniatura|dereita|250px|Fermin Muguruza no concerto do 16 de maio de 2004 en [[Montevideo]].]]
Liña 147:
O 22 de maio conseguiron tocar en Madrid, no concello de [[Rivas Vaciamadrid]], mercede ó apoio do concello. O concerto, ó igual que os que xa dera en 2002, enmarcouse nunha campaña para festexar o vinte aniversario do levantamento do [[EZLN]]. A Kontrabanda tocou en compañía de dúas bandas locais: as hiphopeiras BKC e [[Desechos]] (banda que xordeu das cinzas de Hechos Contra el Decoro). 24 horas antes do concerto e con 2.000 entradas vendidas, o Goberno da [[Comunidade Autónoma de Madrid]], a través da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e de Política Interior, decretou a prohibición do concerto argumentando que «o concerto vulnera os valores e normas de convivencia propugnados na nosa Constitución». Malia todo, o concerto acabouse realizando, o que lle valeu ó Concello de Rivas unha multa de 30.000 euros. A asociación cultural Ladinamo (organizadora do concerto) lanzou un comunicado buscando apoio fronte á ameaza de multa que se cernía sobre ela. Meses máis tarde, a Comunidade de Madrid notificou á asociación a apertura dun expediente de sanción que podería comportar unha multa de entre 30.000 e 300.000 euros, o peche do seu local entre seis meses e dous años, e a prohibición de realizar actividades de calquera tipo.
 
Durante a xira Fermin declarou sentirse canso da dinámica «disco-xira», e anunciou o seu último concerto para o 16 de agosto dentro da [[Semana Grande de Bilbao]]. Ó concerto acudiron máis de 20.000 personaspersoas.
 
=== Novos proxectos ===
Debido ás súas declaracións sobre que o Komunikazioa Tour ía ser a súa última xira, os rumores sobre a retirada de Fermin do mundo da música se multiplicaron. Fermin desmentiu os rumores rapidamente, anunciando varios proxectos musicais.
 
Encárgase de novo da banda sonora dunha curtametraxe de Ane Muñoz (''El Salto de Beamon''). Así, grava «Beamon Jauzia», «Amesten» e «Beamon». Ademais traballa en cancións para a obra de teatro infantil ''Xomorroak (Bizitza Lorontzian)/Bichitos (La Vida en el Tiesto)'' dirixida por [[Anartz Zuazua]] e [[Klaus Groten]]. Como a obra se representa en euskera e en castelán, a banda sonora consta de 14 cancións nas dúas linguas. A obra trata sobre as aventuras dun conxunto de insectos que viven nun pequeno tiesto chamado Euskal Herria. As cancións, nunha linguaxe infantil, teñen unha gran carga irónica (un aceno ós maiores que se acercan a vela) e van cargadas de mensaxes para os máis pequenos: en «Euliak eta Armiarmak/Moscas y Arañas» censúrase a crueldade cara aos bichos; en «Charlie Legala Da/Charlie Es Legal» critícase a manipulación dos medios de comunicación; en «La Guardia Insectil" critícase a persecución a inmigrantes por medio dos Corpos de Seguridade á vez que se fala de tender a man á inmigración (legal ou ilegal). En canto á música, Fermin céntrase en ritmos electrónicos, jungle, drumm'n'bass e [[Trip-Hop]], sen deixar de lado o rock, o [[raggamuffin]] ou ritmos latinos en forma de [[tango]]s. Fermin conta coa colaboración de Oskar «Benas» (guitarra e baixo), [[Xabi Solano]] (trikitixa), Matxinsalto Pottoloa (trompeta), Ehunzango Mehea (saxos) e Marisorgin Tsunamia (trombón). Para as voces, canta o propio Fermin, Sorkun, Fernando Sapo (cantante de [[Kuraia]]), Libe García e os propios actores da obra: Aitor Gabilondo, Itziar Urretabizkaia, Asier Sota, Aitziber Garmendia, Carlos Salaberri e a directora Anartz Zuazua, así como máis personaspersoas que aparecen nos coros dalgúns temas. O disco gravouse nos estudios Kontrakalea House (Irún) con Karlos Osinaga como técnico de son. A masterización tivo lugar nos estudios Katarain. O disco resultante ''[[Xomorroak (Bizitza Lorontzian)/Bichitos (La Vida en el Tiesto)]]'' (Kontrakalea-Metak, 2004) aparece en outubro e só se vendía por correo ou nas representacións de la obra, ata finais de abril de 20055, que aparece nas tendas. O disco, ademais dos 28 cortes, inclúe o «Xomorrokaraokea»: 8 cancións sen voces para cantar a modo de [[karaoke]].
 
Edita un recompilatorio da súa carreira en solitario: ''[[Fermin Muguruza 99-04]]'' (Kontrakalea-Metak, 2004). A escolma está formado por un [[DVD]] que recolle concertos das xiras con Fermin Muguruza Dub Manifest e da Fermin Muguruza Kontrabanda, así como os seus vídeos de «Urrun», «Big Beñat» e «In-komunikazioa» e diferentes reportaxes das xiras e eventos nos que se involucrou Fermin nestes anos. O DVD está acompañado dun CD recompilatorio de rarezas e remesturas. No CD recóllense varios temas que Fermin gravara para compilacións («Bideak», «Dues Nations», «Guayaquil City», ...), as súas contribucións ás bandas sonoras de ''Basurdea'' e ''El Salto de Beamon'', diferentes remesturas e colaboracións (con Sorkun, Áfrika ou Overbass).
Liña 170:
A carreira artística de Fermin sempre estivo unida á política.
 
Un dos primeiros aspectos políticos que condicionaron a súa carreira musical foi a elección do [[euskera]] como lingua de expresión. Fermin non puido aprender euskera no colexio (o seu uso nas escolas estaba prohibido polo [[franquismo]]), polo que o aprendeu á vez que Kortatu daban os seus primeiros pasos. De feito, coa excepción de «Zu atrapatu arte», as cancións en euskera que aparecen nos dous primeiros discos de Kortatu («[[Sarri, Sarri]]» en ''[[Kortatu (álbum)|Kortatu]]''; «Aizkolari», «9 zulo» e «Jaungoikoa eta lege zarra» en ''[[El Estado De Las Cosas]]'') estaban escritas por outras personaspersoas. Pero en ''[[Kolpez Kolpe]]'', co euskera recén aprendido, aparecen as primeiras composicións de Fermin en lingua vasca.
 
Outro dos aspectos máis característicos de Fermin é a súa aposta pola [[autoxestión]] e a filosofía do ''faino ti mesmo''. Baseándose en músicos como [[Jello Biafra]] ou [[Ian MacKaye]], Fermin fundou, xunto cos seus compañeiros de Negu Gorriak, a [[discográfica]] independente [[Esan Ozenki Records]].