Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m (GR) File renamed: File:Zhanna.jpgFile:Jeanne d'Arc, atelier Rubens.jpg File renaming criterion #2: To change from a meaningless or ambiguous name to a name that describes what the image particula...
Liña 243:
 
Con todo, o día 13 de xuño, saíra unha expedición de preto de tres mil agricultores, desde Janville, ao norte de Orleáns, pasado [[Patay]], encomendada por Bedford e dirixida por sir [[John Fastolf]]. A el uníuselle John Talbot, que viña de Meung o día 16 con reforzos. Os dous decidiron ir atacar aos franceses a Beaugency, co descoñecemento que xa fora tomada pola mañán cedo. Deste xeito, baixando do norte, os ingleses toparonse co exército de Xoana, que viña de liberar Beaugency. Entón, formaron filas e dispuxéronse a loitar; coa desgraza polos comandantes ingleses de que as súas tropas non quixeron entrar en combate, seguramente olfateando á derrota, e fuxiron a Meung. Así os Armanyac esa mesma noite volveron a Meung tamén, onde os ingleses tiñan unha defensa máis óptima estabelecida, dado que estaban nunha fortaleza. Pero malia os bombardeos, non puideron evitar a derrota, e coa lección aprendida, o [[18 de xuño]] marcharón cedo cara ao norte, coa intención de volver a Janville, por un antigo camiño romano, probablemente para esperar reforzos desde París, o que querían evitar os franceses.
[[Ficheiro:ZhannaJeanne d'Arc, atelier Rubens.jpg|miniatura|esquerda|Xoana de Arco por [[Peter Paul Rubens]], 1620.]]
As vilas da beira e do val do Loira foran, pois, recuperadas polo exército de ''La Pucelle'', pero a fazaña non terminou aí, xa que se temía que, deixando escapar os ingleses, estes poderían volver reforzados. Así que logo de discutir que facer, Xoana alentou os seus capitáns a ir ao encontro dos ingleses antes de arriscarse a sufrir unhas hipotéticas consecuencias desfavorables. Parecía unha tarefa difícil, pero non sabían que os ingleses se detiveran non demasiado lonxe de Janville, para repostar, concretamente en Patay, aínda que o punto exacto non se coñece.