Editorial Citania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adición de enlaces internos.
Adición de enlaces internos.
Liña 1:
{{ortografía}}
{{Outros homónimos|Citania (homónimos)}}
A '''Editorial Citania''' foi unha editorial galega creada no [[exilio]], en [[Buenos Aires]] ([[Arxentina]]) fundada en [[1957]] polo artista gráfico e escritor galego [[Luís Seoane]] e por Diego Díaz Dorado (Centro Lucense). A eles uníronse Antonio Baltar (membro de [[AGUEA]]), Manuel María Varela e Perfecto López, que presidiría o directorio da editorial. No ano [[1959]], a actividade de Citania cesou, mais a pesar da súa brevidade tivo importancia na época polo seu esforzo no desenvolvemento e no coñecemento do acervo artístico-cultural de [[Galicia|Galiza]]. O nome fai referencia a un tipo de poboado fortificado castrexo (aínda que esta denominación está obsoleta), e o emblema, é un [[tríscele|trisquel]] celta. O fin de crear esta [[editorial]] era poder publicar aos escritores censurados e [[Exilio galego de 1936|exiliados]] e difundir solucións actuais sobre a situación socio-política, ecónomica e cultural de Galiza. Alén diso, Citania derivou do labor de compromiso coa realidade galega e co [[galeguismo]], coa reapropiación da [[memoria histórica]] e a rexeneración cultural e artística de Galiza.<ref>''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]'', [[Grupo El Progreso|El Progreso]] - [[Diario de Pontevedra]]. Vol. XIV (dias-eme), p. 198: "Editorial Citania". ISBN 84-87804-15-2.</ref>
[[Ficheiro:A_fiestra_valdeira.jpg|miniatura|A fiestra valdeira]]
 
== Fundación e obxectivos. Fin da editorial ==
 
A Editorial Citania fundouse en 1957, coincidindo coa fin do labor de [[Luís Seoane|Seoane]] en [[Ediciones Galicia]] e nunha situación de afianzamento económico do artista. Nunha carta a [[Francisco Fernández del Riego]], Seoane explicaba que abundaban entre os accionistas xente pobre e que, ademais de traballar gratis, el mesmo invertera parte dos seus aforros. O certo é que a editorial non fóra creada con fins económicos máis lonxe de aumentar o capital inicial para garantir a súa supervivencia.<ref>{{Versaleta|Costa}} (2014) [http://www.memoria.fahce.unlp.edu.ar/trab_eventos/ev.7440/ev.7440.pdf "Luis Seoane y el arte de editar: Rescate de 'Botella al Mar'"] {{Cómpre páxina}}</ref> Na presentación de Citania no programa radiofónico [[Galicia Emigrante]], Seoane falaba das subscricións como principal modo de venda, aínda que o número de subscritos alcanzado será mínimo.
 
O proxecto da Editorial Citania, aínda que nace sen un programa definifido, tiña como propósito promover os autores galegos censurados no país e os exiliados na [[América do Sur|América]]. En plena posguerra, a editorial era unha  continuación do traballo de artistas, escritores e demais personaxes galegos que perseguían a rexeneración e desenvolvemento da cultura e arte da Galiza tras a [[Guerra civil española|Guerra Civil española]] mediante editoriais (Nova, Emecé, Alborada), programas de radio (Galicia Emigrante, A hora Iberoamericana), traballos xornalísticos etc. Tal e como o dicía Seoane, esta era unha obra ''"de divulgación cultural (...) para engrandecer o nome de Galicia nas repúblicas americanas." "Non se trata dunha empresa interesada en favorecer a este ou a outro núcleo partidista da colectivididade, a un ou a outro ideal. Trátase dunha empresa que non ten máis programa que o de facer coñecer entre propios e estranos o espíritu de Galicia".'' <ref>{{Versaleta|Gerhardt}} (2015). [http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 "Asociacionismo gallego y mercado del libro en la Buenos Aires del medio siglo: dos proyectos editoriales de Luís Seoane"]</ref>
 
Como moitas das editoriais galegas no exilio, Citania ve o seu fin no 1959 (nun contexto, ademais, de declive do ámbito editorial) debido as escasas vendas das súas publicacións de literatura galega, sen fixar un mercado autóctono americano ou inmigrante. Seoane dirixíase así a Díaz Dorado: ''“languidece, a pesar de nuestros esfuerzos”'' <ref>[http://epistolarios.consellodacultura.gal/ramon-pineiro/tematicas.php?tematica=3314&a=3099&d=3708 As cartas de Ramón Piñeiro sobre a Editorial Citania]</ref>.
 
Hoxe en día, con mesmo nome e similar obxectivo (a difusión da cultura e arte galegas en distintos ámbitos), a editorial lucense [[Citania Publicacións]]<ref>[http://www.citania.com/producto.13.php Citania Publicacións]</ref> publica e difunde libros e demais materiais gráficos en [[lingua galega]].
 
== Coleccións e publicacións ==
En Citania foron publicadas un total de 17 obras, oito en galego e once en castelán, as cales foron publicadas en cinco coleccións a excepción de Poemas para mi retorno, de [[Víctor Luis Molinari]] e Figurando recuerdos, de Luis Seoane. A colección “Martín Sarmiento” foi focada a cuestións económicas e xurídicas da Galiza; “Idacio”, ensaio; na colección “Mestre Mateo”, publicáronse obras de narrativa e teatro; “O Dolmen de Dombate” estaba destinada á temática cultural do país; a colección “Herba de Namorar” recollía a lírica.
 
Nas catro coleccións pódense recoñecer características do proxecto do Centro Lucense, ideado no 1950 por Díaz Dorado e Seoane e rexeitado (Axeitos y Seoane 1994: 21-22). Deste modo reaparecen as coleccións “Idacio”, “Mestre Mateo”, e “Herba de namorar”. Tamén é de resalte a exclusividade do galego nas dúas últimas coleccións antes mencionadas, que en 1950 Seoane e Díaz Dorado consideraran para a editorial do Centro. Así mesmo, contemplábase a posibilidade de publicar reedicións, que será o caso de A fiestra valdeira de Rafael Dieste. Por último, o método de venda co que a Editorial pretendía ser levada adiante era a subscrición (“un mínimo de mil subscritores”, Seoane 1989: 427), de igual modo que no centro.
 
Algunhas publicación que cabe resaltar son, ademais da reedición de ''[[A fiestra valdeira]]'', ''[[A esmorga (homónimos)|A esmorga]]'', de [[Eduardo Blanco Amor]], unha das novelas máis importantes da literatura galega hoxe en día; ''[[Non agardei por ninguén|Non Agardei por ninguén]]'', de [[Ramón de Venezuela Otero]], na que se relata a vida do guerrilleiro Gonzalo Ozores e que constitúe a primeira novela en galego sobre a [[Guerra civil española|Guerra Civil española]]; e ''Figurando recuerdos'', de [[Luís Seoane|Luis Seoane]], unha edición limitada que hoxe en día pode ser conseguida a través da [[Fundación Luis Seoane]] na [[A Coruña|Coruña]] e que recolle 24 ilustracións de Seoane para as portadas da revista [[Galicia Emigrante]].
;Colección Martín Sarmiento
 
Liña 37:
 
* [[Isaac Díaz Pardo]]: ''Midas. O ángulo de pedra'' (1957)
* [[Ramón de Valenzuela]]: ''[[Non agardei por ninguén]]'' (1957)
* [[Ánxel Fole]]: ''Pauto do demo'' (1958)
* [[Rafael Dieste]]: [[A fiestra valdeira|A fiestra Valdeira]] (1958, 2ª ed.)
* [[Eduardo Blanco Amor]]: ''[[A esmorga (homónimos)|A esmorga]]'' (1959)
 
;Colección O dolmen de Dombate