Editorial Citania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrección ortográfica finalizada
Adición de enlaces internos.
Liña 1:
{{ortografía}}
{{Outros homónimos|Citania (homónimos)}}
A '''Editorial Citania''' foi unha editorial galega creada no [[exilio]], en [[Buenos Aires]] ([[Arxentina]]) fundada en [[1957]] polo artista gráfico e escritor galego [[Luís Seoane]] e por Diego Díaz Dorado (Centro Lucense). A eles uníronse Antonio Baltar (membro de [[AGUEA]]), Manuel María Varela e Perfecto López, que presidiría o directorio da editorial. No ano [[1959]], a actividade de Citania cesou, mais a pesar da súa brevidade tivo importancia na época polo seu esforzo no desenvolvemento e no coñecemento do acervo artístico-cultural de [[Galicia|Galiza]]. O nome fai referencia a un tipo de poboado fortificado castrexo (aínda que esta denominación está obsoleta), e o emblema, é un [[tríscele|trisquel]] celta. O fin de crear esta editorial era poder publicar aos escritores censurados e exiliados e difundir solucións actuais sobre a situación socio-política, ecónomica e cultural de Galiza. Alén diso, Citania derivou do labor de compromiso coa realidade galega e co galeguismo, coa reapropiación da memoria histórica e a rexeneración cultural e artística de Galiza.<ref>''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]'', [[Grupo El Progreso|El Progreso]] - [[Diario de Pontevedra]]. Vol. XIV (dias-eme), p. 198: "Editorial Citania". ISBN 84-87804-15-2.</ref>
[[Ficheiro:A_fiestra_valdeira.jpg|miniatura|A fiestra valdeira]]