109.846
edicións
m (→Ligazóns externas: Arranxos varios + cda) |
|||
== Descrición ==
A pérgola é un [[elemento arquitectónico]] e estrutural, conformado por un corredor flanqueado por columnas que soportan trabes lonxitudinais que unen as columnas de cada banda, e outras transversais, os cangos ou ripas, que unen ambas bandas e suxeitan un enreixado aberto ou enlatado, onde usualmente se desenvolven plantas rubideiras. O uso máis común é a protección de zonas de paso dunha zona axardinada, zonas de lecer, xantar etc. mais tamén poden formar parte dun edificio como protección de zonas peonís.
[[Ficheiro:1949 - Salzburg - Mirabellgarten.JPG|thumb|200px
A verba galega pérgola (en portugués tamén ''pérgula'') provén da palabra [[lingua italiana|italiana]] ''pergola'' e, á súa vez, esta procede da verba [[latín|latina]] ''pergula''. O termo en italiano xa era utilizado arredor de 1645 e en inglés usábase este termo en 1675. En galego é un vocábulo moderno, empregándose antigamente (e referido ás videiras) o termo emparrado ou parreira.
|