Eurocomunismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8:
O eurocomunismo, en definitiva, considera que é extremadamente difícil realizar unha revolución socialista nos países capitalistas. Por este motivo, o partido debía de exercer o papel de liderado a traverso dunha vangarda proletaria e dunha organización baseada en cadros, para converterse nun partido de masas. Dita táctica conduciría nun futuro, segundo os eurocomunistas, a ampliar a súa base social, co que sería posible chegar ao goberno en eleccións pluripartidistas. Hai que sinalar que o eurocomunismo, como indica Carrillo, non renega da revolución; a súa aposta pola reforma é táctica, ante o que consideran unha enorme dificultade de revolución nos países capitalistas.
 
Antes de que o fin da [[Guerraguerra Fríafría]] puxese a practicamente todos os partidos de esquerda de Europa á defensiva e as reformas neoliberais estivesen á orde do día, moitos partidos comunistas tiveron escisións, coa parte dereitista (como os Demócratas de Esquerda ou Iniciativa per Catalunya) adoptando sinceramente a socialdemocracia, mentres que as ás de esquerda esforzáronse en manter indentificables posicións comunistas (como o Partido da Refundación Comunista ou o PCC en Cataluña).
 
== Críticas ao eurocomunismo ==