Cultura moche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 4:
As sociedades moches fixeron grandes obras de enxeñaría hidráulica: canles de regadía e represas, o que lles permitiu ampliar a súa fronteira agrícola a gran escala.
 
Foron grandes arquitectos; a súa materia prima foi o [[Adobe|adobe.]]. Construíron complexos relixiosos-administrativos de carácter monumental, conformados por palacios e templos ou huacas (en forma de pirámide trunca), as cales recubrían de grandes murais no alto e baixo relevo, pintados con cores extraídas da natureza, onde plasmaron os seus deuses, mitos, lendas e toda a súa cosmovisión cultural. As máis notables destas construcións son as chamadas [[Huacas do Sol e da Lúa]], no val de Moche.
 
Foron os mellores metalurxistas da súa época; douraron o [[cobre]] moito antes que en Europa; e coñeceron unha variedade de técnicas (laminado, martelado, soldadura, etc.), fabricando ferramentas, armas, vestimentas, emblemas, ornamentos e toda a súa variada e rico aparato ritual.