Celoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Arranxos varios + cda
Liña 25:
 
* '''Acelomados''': un animal [[triblástico]] no cal non se forma o celoma, recibe o nome de animal [[acelomados|acelomado]]; aínda que ten mesoderma, este é macizo. Exemplos deste tipo de animais son os [[Nemertino]]s, [[Gnathostomulida|Gnatostomúlidos]] ou [[Platihelminto]]s.
 
* '''Pseudocelomados''': existen animais triblásticos cunha cavidade corporal semellante ao celoma en cuanto a función, pero moi diferente [[embrioloxía|embrioloxicamente]] xa que non é de orixe mesodérmico; dita cavidade chámase [[pseudoceloma]] ou [[blastoceloma]] e os animais que a posúen denomínanse [[pseudocelomado]]s ou [[blastocelomado]]s; esta cavidade adoita ser un [[blastocele]] embrionario persistente e, a diferenza do auténtico celoma, non está limitado polo peritoneo (epitelio mesodérmico) e os órganos internos están libres dentro do pseudoceloma. Exemplos dos psudocelomados son os [[Rotiferos]], [[Gastrotricos]], [[Entoproctos]], [[Quinorrincos]], [[Priapúlidos]], [[Nematodos]], [[Nematomorfos]], [[Acantocéfalos]] e [[Loriciferos]].
 
* '''Celomados''': os [[Celomado]]s son os animais cun verdadeiro celoma. Tamén se lles chama [[eucelomado]]s ("auténticos celomados") para sinalar o feito de que teñen un celoma verdadeiro e non un pseudoceloma ("falso celoma"). O celoma aparece sempre no embrión e algúns grupos o conservan en estado adulto (tipicamente os [[Anélidos]], [[Sipuncúlidos]] etc.), pero noutros [[phylum|filos]] redúcese moito, e o adulto carece practicamente do mesmo ([[Vertebrados]], [[Artrópodos]] etc.).
 
Ata hai pouco tempo, os [[Zooloxía|zoólogos]] agrupaban os animais segundo as características do celoma. A presenza ou ausencia de celoma e a forma en que se orixinou críase que era importante na comprensión das relacións filoxenéticas dos filos animais. Non obstante, recentes probas en [[filoxenia molecular]] suxiren que estas características non son tan informativas como se pensou anteriormente xa que se cre que o celoma puido ter xurdido dúas veces, unha en protóstomos e outra vez entre os deuteróstomos<ref>Xiao S., Laflamme M.(2008) ''On the eve of animal radiation: phylogeny, ecology and evolution of the Ediacara biota'' na revista Trends in Ecology & Evolution 10.1016</ref>.
 
Nos adultos, o celoma persiste de forma moi variable. O celoma pódese conservar nas cavidades dos [[metámero|segmentos]] corporais, actuando entón de esqueleto hidrostático, na luz das [[gónada]]s e de [[gonoduto]]s (e entón recibe o nome de [[gonocele]]), na luz dos órganos excretores, como os [[nefridio]]s ([[nefrocele]]), nas cavidades [[pericardio|pericárdicas]], así como na luz de determinados [[aparato circulatorio|sistemas circulatorios]].
Liña 48 ⟶ 46:
* [http://www.gwu.edu/~darwin/BiSc151/Coelom/Coelom.html Evolución dos animais celomados] {{en}}
* [http://www.answers.com/topic/body-cavity Awnsers.com, diferentes respostas fronte ao concepto de celoma] {{en}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Embrioloxía]]