Terra de Rupert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios + cda
Liña 1:
[[Ficheiro:Wpdms ruperts land.jpg|dereita|frame|Terra de Rupert]]
A '''Terra de Rupert''' (''Rupert's Land'') é o nome dunha antiga posesión [[Reino Unido|británica]] en [[América do Norte]], que abrangue gran parte do territorio da actual [[Canadá]].
 
== Historia ==
Pertencía orixinalmente á [[Compañía da Baía de Hudson]], e recibeu o seu nome do príncipe [[Ruperto do Reno]], sobriño de [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]], e primeiro gobernador da compañía.
 
Os estatutos outorgados á compañía por [[Carlos II de Inglaterra|Carlos II]] concedíanlle o monopolio sobre a [[conca hidrográfica]] de todos os ríos e arroios que desembocan na [[baía de Hudson]], unha área de 3,9 millóns de km², máis dun terzo do actual territorio canadense.
 
A [[Compañía do Noroeste]] de [[Montreal]] e a Compañía da Baía de Hudson fusionáronse en [[1821]], pasando a controlar un territorio maior, que máis tarde se extendería até as costas [[Océano Ártico|árticas]] no norte e o [[océano Pacífico]] ao oeste.
 
En [[1870]] foi abolido o monopolio da compañía, e autorizouse o comercio libre na rexión. A compañía cedeu a Terra de Rupert e o [[Territorio Noroeste]] á [[Confederación Canadense]].
 
== Igrexa Anglicana ==
Tierra de Rupert é tamén o nome dunha provincia eclesiástica da [[Igrexa Anglicana do Canadá]], que abarca as pradeiras canadenses e gran parte da zona ártica.
 
É tamén o nome da [[diocese]] [[anglicana]] en [[Manitoba]].
Liña 18:
== Ligazóns externas ==
*[http://www.solon.org/Constitutions/Canada/English/rpl_1868.html Rupert Land's Act (1868)]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Historia do Canadá]]