Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios + cda
[[Ficheiro: Starr_011104-0040_Aloe_vera.jpg|right|thumb|200px|Os [[áloe]]s teñen as follas a xeito de roseta.]]
 
En [[botánica]] chámase '''roseta'''<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=roseta}}</ref> á disposición na que as [[folla]]s dunha planta se distribúen moi xuntas, imbricadas en círculo, a xeito dos pétalos dunha [[Rosa (flor)|rosa]]. Tamén se chaman follas '''rosuladas'''. Distribúense nunha porción moi curta do [[caule]], dispostas espiraladamente.
 
As follas en roseta achegan vantaxes ás especies alpinas, onde a luminosidade é intensa durante o día (e a superficie [[fotosíntese|fotosintetizante]] destas é grande), mais o frío á noite podería danificar o seu [[meristema]] apical. Por iso as follas máis novas permanecen curvadas sobre o mesistema, cubríndoo e illándoo da temperatura ambiente.
 
Na familia [[Bromeliaceae]], a roseta actúa coma un captador de auga. As follas posúen vaíñas largas e apértanse unhas ás outras, facendo que o interior da roseta acumule a auga da choiva. Esta auga, algunhas veces con parte da materia orgánica alí depositada en decomposición, é absorbida polas células das propias follas, facendo que moitas bromelias, especialmente as [[epífita]]s teñan a súa función de absorción desempeñada máis polas follas que polas propias raíces.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Morfoloxía vexetal]]
381.175

edicións