Mucilaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Arranxos varios + cda
Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2014}}
[[Ficheiro:Drosera anglica ne4.jpg|thumb|Unha [[orballiña]] (''[[Drosera]]'') coa folla dobrada arredor dunha mosca atrapada por mucilaxe.]]
A '''mucilaxe''' é en [[química]] calquera substancia [[viscosidade|viscosa]] produto da disolución de [[Caucho|goma]] (ou [[dextrina]]) en [[auga]], utilizada para suspender substancias insolúbeis e para aumentar a viscosidade.
 
No eido da [[bioloxía]] refírese a unha substancia viscosa que se encontra nalgúns vexetais, coagulábel ao [[alcol]]. <ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=mucilaxe}}</ref>
 
As mucilaxes son análogas, pola súa composición e as súas propiedades, ás gomas, dan coa auga disolucións viscosas ou se inchan en elas para formaren unha pseudodisolución xelatinosa.
Liña 9:
Atópanse no [[argazo]], na [[liñaza]] (sementes do [[liño]]), nas sementes de [[Salvia hispanica|chía]] (''Salvia hispanica''), nas raíces da [[malva]], no [[marmeleiro]], nos [[lique]]s, nos [[cacto]]s do xénero ''[[Opuntia]]'', en certos [[Fungo (bioloxía)|fungos]] e en moitos vexetais.
 
Proceden da degradación da [[celulosa]], da [[calosa]], da [[lignina]] e das materias pécticas.
 
== Medicina ==
Liña 15:
Son utilizados nas [[emulsión]]s e [[suspensión]]s a xeito de [[excipiente]], como vehículo cuxa función é o transporte dos fármacos encargados de constituír unha [[menciña]]. O seu obxectivo é conseguir un fármaco estábel e doado de administrar. É dicir, emprégase para vehicular, cohesionar, e conseguir a [[biodispoñibilidade]] axeitada do principio activo dun medicamento. Determinan a consistencia, a forma ou o volume das preparacións farmacéuticas.
 
Asóciase un efecto positivo das mucilaxes nas [[catarreira]]s das vías respiratorias, mais non hai datos clínicos que amosen a súa efectividade, e o seu uso soamente se basea nas aplicacións tradicionais.
 
Por [[oxidación]] dan [[ácido múcico]] e, por [[hidrólise]], [[pentosa]]s e mais [[hexosa]]s.
Liña 21:
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Termos botánicos]]