Diferenzas entre revisións de «Micelio»

m
Arranxos varios + cda
m (ligazón)
m (Arranxos varios + cda)
 
O '''micelio''' é o conxunto de filamentos ([[hifa]]s) moi ramificados, de estrutura e composición variábel, que constitúe o aparello ou corpo vexetativo dos [[Fungi|fungos]]<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=micelio}}</ref>. Dependendo do seu crecemento clasifícanse en reprodutores (aéreos) ou vexetativos. Os [[micelio reprodutor|micelios reprodutores]] medran cara a superficie externa do medio e son os encarregados de formar os [[orgánulo]]s reprodutores ([[endosporio]]s) para a formación de novos micelios. Os [[micelio vexetativo|micelios vexetativos]] encarréganse da absorción de nutrientes, medran cara abaixo, para cumprir a súa función.
 
Os corpos vexetativos da maioría dos fungos (e, polo tanto, o dos liques) están constituídos por filamentos unicelulares denominados hifas. As hifas medran tan só apicalmente no ápice. As hifas poden medrar con moita rapidez, até máis de 1 &nbsp;mm por hora. Por este motivo e polas frecuentes ramificacións xorde no substrato unha maraña ou embrollo de hifas cunha enorme superficie: o micelio.
 
Como as hifas non están [[Cutina|cutinizadas]], o micelio é moi sensíbel ao desecamento, mais, por outra banda, están moi capacitadas para absorber [[Ósmose|osmotroficamente]] as substancias [[Disolución|disoltas]]. Este feito aprovéitano moitas plantas superiores formando [[simbiose]] cos fungos.
{{Micoloxía}}
 
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Termos botánicos]]
393.002

edicións