Crise dos mísiles de Cuba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m arranxiño
Liña 16:
O [[27 de outubro]] un avión espía U-2 foi derrubado por un proxectil [[SAM]], disparado polos soviéticos desde unha das súas bases, cando sobrevoaba a illa, aumentando aínda máis a tensión. Con todo, o mesmo día, Jrushchov propuxo a Kennedy o desmantelamento das bases soviéticas de mísiles nucleares en Cuba, a cambio da garantía de que Estados Unidos non realizaría nin apoiaría unha invasión a Cuba, ademais, tamén debería realizar o desmantelamento das bases de mísiles nucleares estadounideses en Turquía. Logo de continuas negociacións secretas, das que estivo excluído Castro, Kennedy aceptou. Este acordo coñeceuse máis tarde, xa que Kennedy asinouno coa condición de que nin a non invasión a Cuba nin o desmantelamento arriba mencionados, chegasen a ser de público coñecemento en polo menos 6 meses.
 
Desta forma púxose termo á crise sen dar mostras de debilidade nin de derrota por ningunha de ambas as potencias, xa que o teatro da Guerraguerra Fríafría quedou así igualado, e volveuse a evitar o conflito directo; algo que tanto en [[Washington, DC]] como en [[Moscova]] non se quixo nin imaxinar, por moito que a publicidade bélica da época dixese o contrario; traspasando os enfrontamentos a terceiros países como ocorreu en [[Guerra de Corea|Corea]] e en [[Guerra de Vietnam|Vietnam]].
 
Neste momento creouse o chamado [[teléfono vermello]], liña directa entre a [[Casa Branca]] e o [[Kremlin]], co fin de axilizar as conversacións entre ambas as potencias durante períodos de crises.