Kiss FM: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
m Arranxos varios + cda
Liña 1:
'''Kiss FM''' é unha cadea radiofónica [[España|española]] pertencente a [[Kiss Media]] que tamén posúe [[hit fm|Hit FM]] e [[Kiss TV]]. Emite unha programación de [[radiofórmula]] musical de tipo adulto contemporáneo cun pouco de contemporary hit radio.
 
Empezou as súas emisións o 13 de abril de [[2002]]. Desde ese momento, o seu éxito foi espectacular e marcou un fito na historia da radio musical en España, sendo a de maior crecemento de audiencia na historia da radio musical española (no seu segundo ano nas ondas, logrou alcanzar 1 474 000 oíntes). Segundo a última onda do [[EGM|Estudo Xeral de Medios]], publicada en decembro de 2010, Kiss FM ten 1 088 000 oíntes habituais diarios.
 
A programación creouse a partir dunha rigorosa selección de [[oldies]] da música [[pop]] das últimas tres décadas, con especial atención ás baladas e as cancións de corte melódico. Melodías emblemáticas dos [[Beatles]], [[Elton John]], [[Bryan Adams]] ou [[Céline Dion]] conviven a diario con interpretacións inesquecibles de [[Ana Belén]], [[Mecano]], [[Alejandro Sanz]]...
 
Tras a demanda existente, Kiss FM virou o seu rumbo e na actualidade mestura baladas dos últimos trinta anos coa música española máis variada da actualidade, presentadas por locutores que intentan só ser meros acompañantes do oínte. Esta emisora é da que menos [[publicidade]] emite en España. É líder no seu formato de ''Adulto Contemporáneo''. Desde o pasado 7 de xaneiro, [[Kiss FM]] inclúe no seu repertorio os éxitos máis HOT do momento, entre os que se atopan artistas como [[Rihanna]], [[Lady Gaga]], [[Katy Perry]] ou [[Kesha]].
 
A oferta musical de [[Kiss FM]] compleméntase coa actualidade informativa que, en forma de titulares, sucédese ao longo de toda a programación.
 
== Véxase tamén ==
Liña 14:
 
{{Radio en España}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Emisoras de radio de España]]